Dejan Lovren
Dejan Lovren, nado en Zenica o 5 de xullo de 1989, é un futbolista profesional croata que xoga de defensa central no FC Zenit San Petersburgo. Ademais, é internacional coa selección de Croacia.
Traxectoria
editarClub
editarLovren comezou a súa carreira nas categorías inferiores do NK Karlovac, e fichou polo Dinamo Zagreb en 2004. Debutou co primeiro equipo do Dinamo o 10 de xuño de 2006 nun partido de liga contra o Inter Zaprešić. O 17 de xullo de 2007 foi cedido ó Inter Zaprešić por dúas tempadas, e no seu retorno ó Dinamo converteuse nun habitual do seu once titular.
En xaneiro de 2010, Lovren fichou polo Olympique de Lión francés a cambio de 8 millóns de euros e 1.5 millóns por variables, e asinou un contrato por catro anos e medio.[1]
O 14 de xuño de 2013, Lovren fichou polo Southampton F.C. inglés a cambio dunha cantidade aproximada de 8.5 millóns de libras.[2]
Palmarés
editarClub
editar- Dinamo Zagreb
- Liga croata (2): 2005–06, 2008–09
- Copa croata (1): 2009
- Inter Zaprešić
- Segunda División de Croacia (1): 2006–07
- Olympique de Lión
- Copa francesa (1): 2012
Notas
editar- ↑ "Reference Document 2008/09" (PDF). Olympique Lyonnais. www.actusnews.com. p. 101. Consultado o 15 de xuño de 2013.
- ↑ "Saints Land Lovren". Southampton FC. 14 de xuño de 2013. Arquivado dende o orixinal o 18 de xuño de 2013. Consultado o 14 de xuño de 2013.
Véxase tamén
editarLigazóns externas
editar- "Perfil de Lovren en Soccerbase" (en inglés). Arquivado dende o orixinal o 09 de outubro de 2014. Consultado o 03 de xullo de 2014.