Debut
Satélite artificial xaponés.
Debut (acrónimo de Deployable Boom and Umbrella Test), tamén coñecido como Orizuru (grúa de papel, en xaponés), é un satélite artificial xaponés lanzado o 7 de febreiro de 1990 mediante un foguete H-1 desde o Centro Espacial de Tanegashima.[1][3][4]
Debut | |
---|---|
Tipo | Tecnolóxico |
Organización | NASDA |
Data de lanzamento | 7 de febreiro de 1990, 1:33 GMT[1][2][3] |
Foguete portador | H-1[4][5] |
Sitio de lanzamento | Centro Espacial de Tanegashima[2][3][4] |
Obxectivo da misión | Demostrador tecnolóxico.[2][3][4] |
NSSDC ID | 1990-013B |
Masa | 50 kg[3][4][5] |
Datos orbitais | |
Semieixo maior | 7704,6 km[1] |
Inclinación | 99,1 graos[1] |
Apoapse | 1748,7 km[1] |
Periapse | 918,6 km[1] |
Características
editarDebut é un satélite de demostración tecnolóxica coa misión de comprobar un mastro retraíble de 1,46 m que despregou un paraugas aerodinámico de 24 segmentos. Un paraugas aerodinámico podería ter uso como método de desorbitar satélites ou como sistema de frenado para misións planetarias.[5]
Notas
editar- ↑ 1,0 1,1 1,2 1,3 1,4 1,5 N2YO (2011). Real Time Satellite Tracking, ed. "DEBUT (ORIZURU)" (en inglés). Consultado o 8 de xuño de 2012.
- ↑ 2,0 2,1 2,2 "Note verbale dated 20 June 1990 from the Permanent Representative of Japan to the United Nations addressed to the Secretary-General" (PDF) (90-15632). 26 de xuño de 1990: 3. Consultado o 8 de xuño de 2012.
- ↑ 3,0 3,1 3,2 3,3 3,4 Mark Wade (2011). "Debut" (en inglés). Consultado o 8 de xuño de 2012.
- ↑ 4,0 4,1 4,2 4,3 4,4 Gunter Dirk Krebs (2012). Gunter's Space Page, ed. "DEBUT (Orizuru)" (en inglés). Consultado o 8 de xuño de 2012.
- ↑ 5,0 5,1 5,2 NASA (14 de maio de 2012). "DEBUT" (en inglés). Arquivado dende o orixinal o 02 de abril de 2012. Consultado o 8 de xuño de 2012.