David de Dios

adestrador galego de fútbol

David de Dios Arana, máis coñecido como David de Dios, nado en Vigo o 24 de xaneiro de 1981, é un adestrador de fútbol galego.

Modelo:BiografíaDavid de Dios
Biografía
Nacemento24 de xaneiro de 1981 Editar o valor en Wikidata (43 anos)
Vigo, España Editar o valor en Wikidata
Actividade
Ocupaciónadestrador de fútbol Editar o valor en Wikidata
Deportefútbol Editar o valor en Wikidata

Traxectoria

editar

David de Dios Arana chegou ó RC Celta no verán do 2004 con 23 anos para emprender unha longa etapa nas categorías inferiores do club. O seu primeiro gran posto dentro da canteira celeste foi en 2012/2013 cando se fixo cargo do Xuvenil A. No seu primeiro ano adestrando na División de Honra o Celta gañou o campionato, sendo o seu conxunto o mellor Xuvenil A da historia da entidade tras conseguir 79 puntos en trinta xornadas de liga. Neste conxunto estaban xogadores de renome como Santi Mina e David Costas.[1] O equipo clasificouse para a Copa de Campións, disputada en Vigo. Grandes vitorias ante o Real Madrid e o Villarreal CF catapultaron os celestes á final, na que se impuxeron pola mínima ao Sevilla Fútbol Club.

Tras esta experiencia a David ascendérono ao Celta B o máximo filial de referente con moitos dos seus vellos xogadores. A tempada sería mala e só prosperada a vía administrativa puido o filial celeste manterse en Segunda B.

Cun pouco máis de experiencia, David regresou ó Xuvenil A na tempada 2014/2015. Dous anos máis tarde renovou o seu vello título de liga e participou na Copa de Campións caendo nas semifinais ante o Rayo Vallecano de Madrid . Na súa tempada final David erguería novamente os ánimo da canteira acadando outro título da División de Honra así como deixando pegada na Copa do Rei e de Campións.

En xullo de 2020 De Dios finalmente abandona a canteira celeste, optando polo Rápido de Bouzas como o seu primeiro equipo fóra daquel mundo co obxectivo de medrar coma adestrador. A pesar do bo xogo durante eses dous exercicios no conxunto ao non acadar o playoff De Dios sería destituído poñendo fin á súa primeira étapa no conxunto de Bouzas.[2] [3]

Medio ano máis tarde retornaría coincidindo cunha profunda renovación do Rápido de Bouzas carvando unha estrutura máis sólida na pugna polo ascenso a Segunda RFEF, De Dios impulsou o conxunto cara ao playoff, mais sería o Racing Club Vilalbés quen levaría o encontro e, ao final, o posto de promoción.[4]

Co play-off aínda na memoria De Dios ficharía polo Coruxo FC, pasando a adestrar na Segunda RFEF ao substituír a Javier Maté para a tempada 2023/2024.[5] Na súa primeira tempada De Dios lideraría a un Coruxo con certas luces pero que quedaría resignado a unha décima posición.

  1. "David de Dios poñe fin á una etapa de 12 temporadas en la canteira celeste". [[1]] (en castelán). 17 de xuño 2017. Consultado o 24 de marzo de 2024. 
  2. "David de Dios decide dejar el Celta juvenil". Atlántico (en castelán). 17 de xuño 2017. Consultado o 24 de marzo de 2024. 
  3. "David de Deus volve ao banco do Rápido". La Voz de Galicia. 17 de xaneiro 2023. Consultado o 24 de marzo de 2024. 
  4. "O Racing Vilalbés remonta e xogará a segunda rolda polo ascenso". FutbolinLugo. 8 de maio 2023. Consultado o 24 de marzo de 2024. 
  5. "David de Deus será o novo adestrador do Coruxo". La Voz de Galicia. 8 de xuño 2023. Consultado o 24 de marzo de 2024.