David Pallas

futbolista español

David Pallas, nado na Laracha o 1 de xullo de 1980, é un exfutbolista e adestrador galego-suízo. Xogaba como lateral dereito e desenvolveu a maior parte da súa carreira no FC Zürich.[1] Dende 2021 adestra o FC Kosova.

Modelo:BiografíaDavid Pallas
Biografía
Nacemento7 de xullo de 1980 Editar o valor en Wikidata (44 anos)
Zürich, Suíza Editar o valor en Wikidata
Altura1,69 m.
Actividade
Ocupaciónfutbolista Editar o valor en Wikidata
Deportefútbol Editar o valor en Wikidata
LigaFußball-Bundesliga e 2. Bundesliga Editar o valor en Wikidata
Posición de xogoLateral dereito
Traxectoria Editar o valor en Wikidata
  Equipo Número de partidos xogados Puntos/goles/tantos anotados
1998–2004 FC Zürich 105(1)
2004–2005 cesión FC Thun 10(1)
2004–2005 FC Zürich 8(0)
2005–2005 cesión FC Thun 6(0)
2005–2007 VfL Bochum 32(0)
2007–2007 VfL Bochum II 1(0)

Traxectoria

editar

Naceu no concello galego da Laracha e criouse en Suíza. Formouse na canteira do FC Zürich, dando o salto ao primeiro equipo en 2001. Durante o mercado invernal da tempada 2004-05, fichou polo FC Thun 1898, co que se clasificou para a Liga de Campións.

Na tempada 2005/06 fichou polo VfL Bochum, da 2. Bundesliga.[2] Disputou 24 encontros de liga, logrando o ascenso á Bundesliga ao remate da tempada. Debutou na máxima categoría do fútbol alemán o 26 de agosto de 2006, nun partido contra o Energie Cottbus no Ruhrstadion.[3] Xogou oito partidos de liga na primeira metade da tempada pero logo acabou por perder o seu sitio no equipo. Ao rematar o seu contrato co club, estivo un tempo sen equipo, ata que fichou polo FC Langenthal, do cantón de Berna. Militou varias tempadas neste club, antes de pechar a súa carreira como futbolista no FC Ibach.

Comezou a súa carreira como adestrador no Ibach na tempada 2014/15, primeiro como xogador-adestrador e logo só como adestrador, ocupando o banco do club ata outubro de 2018.[4] Tras adestrar os xuvenís do FC Wohlen, en abril de 2021 colleu as rendas do FC Kosova de Zürich.[5]

  1. "David Pallas". kicker.de (en alemán). Consultado o 8 de xaneiro de 2022. 
  2. Rodríguez, Maite (4 de outubro de 2005). "David Pallas recala en Alemania tras meter al Thun en la «Champions»". La Voz de Galicia (en castelán). Consultado o 8 de xaneiro de 2022. 
  3. "VfL Bochum - FC Energie Cottbus". Transfermarkt (en inglés). Consultado o 8 de xaneiro de 2022. 
  4. "David Pallas nicht mehr Trainer beim FC Ibach" (en alemán). 9 de outubro de 2018. Consultado o 8 de xaneiro de 2022. 
  5. "David Pallas schliesst sich dem FC Kosova an" (en alemán). 26 de abril de 2021. Consultado o 8 de xaneiro de 2022. 

 

Véxase tamén

editar

Ligazóns externas

editar