David Mitogo
David Edú García Mitogo, nado en Bata o 18 de maio de 1990 e finado o 11 de maio de 2023 no cruzamento entre os ríos Avia e Miño[1][2], foi un futbolista ecuatoguineano que xogaba como dianteiro. Desenvolveu a maior parte da súa carreira deportiva entre o Bierzo e Galicia e foi internacional coa selección de Guinea Ecuatorial.
Biografía | |||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||
---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|
Nacemento | (es) David Edú García Mitogo ![]() 18 de maio de 1990 ![]() Bata (Guinea Ecuatorial) ![]() | ||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||
Desaparición | 11 de maio de 2023 ![]() | ||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||
Morte | 11 de maio de 2023 ![]() río Miño ![]() | ||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||
Altura | 1,75 m ![]() | ||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||
Peso | 69 kg ![]() | ||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||
Actividade | |||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||
Ocupación | futbolista ![]() | ||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||
Período de actividade | 2008 ![]() | ||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||
Nacionalidade deportiva | Guinea Ecuatorial ![]() | ||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||
Deporte | fútbol ![]() | ||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||
Posición de xogo | Dianteiro ![]() | ||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||
| |||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||
Familia | |||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||
Irmáns | Stéphane Laberdesque ![]() | ||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||
![]() ![]() ![]() ![]() ![]() |
Traxectoria
editarNaceu na cidade ecuatoguineana de Bata, sendo fillo dun español e unha ecuatoguineana da etnia fang,[3] e aos tres anos instalouse coa súa familia en Vilafranca do Bierzo. Comezou a xogar ao fútbol co CD La Morenica de La Bañeza, e xogou unha tempada no equipo cadete da Ponferradina, antes de regresar ao La Morenica.[3] Aos 16 anos volveu á Ponferradina e un ano despois debutou co filial na Terceira División.[4]
O 20 de setembro de 2009, con 19 anos, produciuse a súa estrea co primeiro equipo da Ponferradina, nun partido da Segunda División B ante o Eibar, no que marcou ademais o seu primeiro gol, que serviu para colocar ao seu equipo líder.[5] Disputou outros seis encontros coa primeira escuadra nesa tempada, na que o conxunto berciano logrou o ascenso á Segunda División.
O 24 de outubro de 2010, xogando coa Ponferradina B ante o CD Huracán Z, sufriu unha rotura do ligamento cruzado anterior do xeonllo esquerdo, polo que estivo seis meses de baixa, e non volveu vestir a camiseta do primeiro equipo. Na tempada 2012/13 xogou no Teruel, tamén de Segunda B, co que acabou descendendo a Terceira. En 2013 regresou ao Bierzo fichando polo Atlético Bembibre. Tras unha breve experiencia no fútbol maltés, vestindo a camisola do Vittoriosa Stars de Birgu, e de xogar de novo no Atlético Bembibre, recalou en 2015 en Galicia, onde xogou durante os seguintes anos, coa única excepción duns meses no Unionistas de Salamanca.[6] Así, militou no Barco, no Compostela, no Arenteiro, no Somozas, no As Pontes e no Atlético Arnoia, no que xogaba no momento da súa desaparición.[7]
Selección nacional
editarEn abril de 2010 foi convocado pola selección sub-20 de Guinea Ecuatorial para o un partido contra Gabón correspondente á clasificación para o Campionato Africano Xuvenil de 2011. Marcou o gol ecuatoguineano, nun encontro que acabou en empate (1-1).
A finais de xullo de 2010 recibiu a súa primeira convocatoria para a selección absoluta de Guinea Ecuatorial, coa que debutou nun amigable ante Marrocos o 11 de agosto no estadio Mohammed V de Rabat. Entrou como substituto de Juan Mbela no minuto 67 pero non puido evitar a derrota do seu equipo (2-1).[8] Nos seis anos seguintes disputou outros cinco partidos coa selección.
Desaparición
editarDesapareceu o 12 de maio de 2023, despois de enviar varias mensaxes de despedida ás súas amizades que fixeron pensar nun posible suicidio.[9][10] Saíu da casa dun amigo de madrugada, foi a un bar na Arnoia e despois desapareceu. O seu teléfono móbil apareceu na ponte que une A Arnoia e Ribadavia, e as autoridades iniciaron unha busca de varios días no río Miño.[7] O 23 de maio, 11 días despois da súa desaparición, o seu corpo foi finalmente localizado sen vida na gallada onde se xuntan as augas do Avia coas do Miño[11], máis próximo do lugar da Barca, na ribeira sur[12], a uns 250 metros de onde se presume que se botou ao río.
Notas
editar- ↑ "Buscan a Mitogo, exfutbolista de la Ponferradina y Unionistas de Salamanca, en el río Miño". As (en castelán). 12 de maio de 2023. Consultado o 20 de maio de 2023.
- ↑ "Máxima preocupación por el futbolista David Mitogo, que se encuentra desaparecido" (en castelán). 11 de maio de 2023. Consultado o 20 de maio de 2023.
- ↑ 3,0 3,1 "De Guinea Ecuatorial a Villafrancadel Bierzo" (en castelán). 22 de setembro de 2009. Consultado o 20 de maio de 2023.
- ↑ "El GCE Villaralbo manda en su debut en la liga y golea a la Ponferradina B". El Norte de Castilla (en castelán). 2008-09-14. Consultado o 2023-11-08.
- ↑ "Mitogo pone líder a la Ponferradina" (en castelán). 20 de setembro de 2009. Consultado o 20 de maio de 2023.
- ↑ "Unionistas CF refuerza su delantera con el ecuatoguineano David Mitogo" (en castelán). 6 de xaneiro de 2017. Consultado o 20 de maio de 2023.
- ↑ 7,0 7,1 "Continúa la búsqueda de Mitogo, futbolista del Atlético de Arnoia, tras cinco días desaparecido en Galicia". El Mundo (en castelán). 17 de maio de 2023. Consultado o 20 de maio de 2023.
- ↑ "El “Nzalang” nacional derrotado en su primer partido amistoso contra Marruecos" (en castelán). 13 de agosto de 2010. Consultado o 20 de maio de 2023.
- ↑ "Desgarrador mensaje de la madre del desaparecido Mitogo: "Que no haya hecho algo malo"". Antena 3 (en castelán). 20 de maio de 2023. Consultado o 20 de maio de 2023.
- ↑ "La Guardia Civil continúa la búsqueda del futbolista David García Mitogo en el río Miño" (en castelán). 22 de maio de 2023. Consultado o 24 de maio de 2023.
- ↑ "Encontran no río Avia o cadáver do futbolista David García Mitogo, desaparecido desde o 11 de maio". Nós Diario. 23 de maio de 2023. Consultado o 24 de maio de 2023.
- ↑ Casteleiro, Patricia (2023-05-23). "Aparece en el río el cuerpo sin vida de David García Mitogo". La Región (en castelán). Consultado o 2023-05-24.
Véxase tamén
editarLigazóns externas
editar- Datos do xogador en LaPreferente.com (en castelán).