David Cantero
David Fernández Cantero, nado en Madrid en 1961, é un comunicador, escritor, pintor e presentador de informativos español.
![]() (2013) ![]() | |
Biografía | |
---|---|
Nacemento | (es) David Fernández Cantero ![]() 1 de marzo de 1961 ![]() Madrid, España ![]() |
Residencia | Brunete ![]() |
Altura | 1,71 m ![]() |
Peso | 70 kg ![]() |
Cor dos ollos | Coffee (en) ![]() ![]() |
Cor do pelo | Cabelos brancos ![]() |
Actividade | |
Ocupación | xornalista, pintor, presentador de televisión, escritor, músico ![]() |
Período de actividade | 1982 ![]() |
Empregador | Mediaset España (2010–) RTVE (1982–2010) ![]() |
Premios | |
![]() ![]() ![]() ![]() |
Biografía
editarEstudou Imaxe e Son, Cinematografía, Fotografía e Publicidade. As súas primeiras incursións no mundo da información foron na televisión.
Incorporouse a Televisión Española no ano 1982, onde desenvolveu a súa actividade profesional nos estudos de Prado del Rey, Torrespaña, o Centro Territorial de Andalucía así como en Roma durante tres anos, do 1988 ao 1991, como reporteiro gráfico de TVE.
Desde 2004 e ata 2010 conduciu o Telediario da fin de semana en La 1, aínda que pasou por todas as edicións dos informativos da televisión pública. Tamén estivo á fronte do prestixioso programa Informe semanal durante tres anos, de 2007 a 2010, antes asinara traballos para este programa como realizador, montador e como reporteiro. Así mesmo conduciu o programa La entrevista de Cultural.es, en Canal Cultura, ademais de presentar numerosos programas especiais de TVE. En agosto de 2010, Telecinco anunciou a súa fichaxe para presentar Informativos Telecinco diarios de sobremesa, a partir do 13 de setembro, xunto a Marta Fernández Vázquez e Sara Carbonero nos deportes.
En 2010 recibiu o Micrófono de Ouro, galardón que outorga a Federación de Asociacións de Radio e Televisión. En 2012 foi galardoado como "Home do ano" pola revista Men's Health na categoría de "Mellor Comunicador".
É pai de tres fillos.
Televisión
editar- 1982-1997 : Reporteiro gráfico dos Servizos Informativos de TVE.
- 1997-1999 : Informativos C.T. TVE Andalucía / Telesur 1ª e 2ª Edición.
- 1999-2004 : Canal 24 Horas TVE.
- 2004-2010: Telediario de La 1.
- 2010: Informativos Telecinco en Telecinco.
Libros
editar- El viaje de Tanaka, Editorial Planeta, Barcelona, 2014. ISBN 978-84-08-12549-5
- El hombre del baobab, Editorial Planeta, Barcelona, 2009. ISBN 978-84-08-08527-0
- Caudal de Ausencias, Editorial Morandi, Madrid, 2007. ISBN 84-8198-228-8
- Amantea, RBA Libros, Barcelona, 2005. ISBN 978-84-7871-386-8