Dastarkhān
Este artigo precisa de máis fontes ou referencias que aparezan nunha publicación acreditada que poidan verificar o seu contido, como libros ou outras publicacións especializadas no tema. Por favor, axude mellorando este artigo. (Desde setembro de 2018.) |
Dastarkhān (en kazako: дастарқан, en persa دسترخوان e en urdú دسترخوان), dastorqon (en kirguiz: дасторкон) ou дастурхон (en uzbeko: дастурхон) é o nome que se emprega en Asia Central para designar ao espazo onde se xanta. O termo pódese referir ao mantel estendido no chan, piso ou táboa empregado para manter a comida limpa, aínda que tamén se pode referir a todo o conxunto da comida.
![](http://up.wiki.x.io/wikipedia/commons/thumb/c/c6/Dastorqon_for_Nooruz.jpg/220px-Dastorqon_for_Nooruz.jpg)
O dastarkhan posúe un importante significado cultural segundo os diferentes grupos étnicos, tanto que existen numerosas tradicións, costumes e normas acerca do uso do dastarkhan. Entre elas, a de que sempre haxa nel un dispensador de bebida (normalmente té) ou a de que ninguén debe pisar as esquinas do dastarkahn.
A Galipedia ten un portal sobre: Kirguizistán |