Darío Lamazares
Darío Lamazares Pena, nado en Antas de Ulla en 1923 e finado o 7 de decembro de 2007 en Buenos Aires[1], foi un emigrante dinamizador da diáspora galega na Arxentina.
Biografía | |
---|---|
Nacemento | 1923 ![]() Antas de Ulla, España ![]() |
Morte | 7 de decembro de 2007 ![]() |
![](http://up.wiki.x.io/wikipedia/commons/thumb/f/f5/Medalla_de_Galiza.svg/30px-Medalla_de_Galiza.svg.png)
Traxectoria
editarChegou a Arxentina con 14 anos, en 1938, e pouco despois participou na fundación da Sociedad de Antas de Ulla y Monterroso e despois do Centro Lucense de Bos Aires, do que foi presidente durante catro períodos. Cando se fusionaron os centros pontevedrés, lucense, coruñés e ourensán no Centro Galicia de Bos Aires, en 1980, foi escollido o seu primeiro presidente. Tamén participou na creación do Instituto de ensino primario e secundario arxentino-galego Santiago Apóstol da capital bonaerense (1998), e mais da constitución da Fundación Galicia-América en 1996, da que foi escolleito vogal. Así mesmo, foi o voceiro da emigración galega nun acto de homenaxe no Congreso arxentino celebrado en 2005.
Galardóns
editarDatos persoais
editarFaleceu no hospital do Centro Galego de Bos Aires. Tivo dous fillos.