Daniel Varela Muñiz
comerciante e político galego
Daniel Varela Muñíz, nado en Ribadumia en 1907 e finado no mesmo concello o 28 de marzo de 1937, foi un comerciante e político galego.
Biografía | |
---|---|
Nacemento | 1907 ![]() Ribadumia, España ![]() |
Morte | 28 de marzo de 1937 ![]() Ribadumia, España ![]() |
Causa da morte | homicidio, ferida por arma de fogo ![]() |
Actividade | |
Ocupación | comerciante, político ![]() |
![]() |
Traxectoria
editarComerciante en Ribadumia, tiña un pequeno comercio de comestibles e paquetería nunha casa illada na estrada de Noalla a Caldas. Logo do golpe de Estado do 18 de xullo de 1936 foi asasinado na súa casa o 28 de marzo de 1937 entre as doce e as doce e media da noite.[1] O 13 de xuño foron detidos Manuel García Sampayo e Adolfo Martínez Ríos, acusados do seu asasinato.[2][3]