Daniel López López

xornalista, escritor e político galego

Daniel López López, nado na Coruña o 6 de outubro de 1859[1] e finado en Madrid o 8 de marzo de 1933,[2] foi un xornalista, escritor, tradutor e político galego.

Modelo:BiografíaDaniel López López

Editar o valor en Wikidata
Biografía
Nacemento6 de outubro de 1859 Editar o valor en Wikidata
A Coruña, España Editar o valor en Wikidata
Morte8 de marzo de 1933 Editar o valor en Wikidata (73 anos)
Madrid, España Editar o valor en Wikidata
Actividade
Ocupaciónxornalista, escritor, tradutor, político Editar o valor en Wikidata
Membro de
Familia
IrmánsAnastasio Ramón López Editar o valor en Wikidata

BNE: XX1781425 BUSC: lopez-daniel-1859-1933

Traxectoria

editar

Emigrou a América sendo mozo, instalándose en Montevideo. Viaxou por América e Europa e estableceuse en Madrid en 1881. En 1887 obtivo a cátedra de lingua inglesa do Instituto de Biscaia. Ao ano seguinte pasou a ser catedrático de inglés da Escola Superior de Comercio en Madrid. Despois desempeñou a cátedra de inglés nos institutos San Isidro e Cardenal Cisneros. Foi secretario e despois vicepresidente da Sección de Ciencias Históricas do Ateneo de Madrid. Amigo de José Canalejas Méndez, militou no Partido Liberal e despois figurou entre os partidarios do conde de Romanones. Nas eleccións a Cortes de 1898 foi elixido deputado polo distrito de Ordes. Volveu ser elixido deputado polo distrito de Ordes nas eleccións de 1901. Despois foi elixido polo distrito da Coruña (1905), Daimiel en Cidade Real (1907), Ferrol (1910), Murcia (1914) e Coruña (1916). Foi senador polas provincias da Coruña (1918) e Guadalaxara (1921), e senador vitalicio (1923). Foi director xeral de Agricultura, Industria e Comercio. Foi redactor xefe e despois director de El Correo e director do Diario Universal.

 
España en 1492.
  • Política de Felipe II, 1886.
  • La revolución francesa.
  • Política de Carlos III.
  • Los consejeros de Fernando VII.
  • Conversaciones políticas.
  • España en 1492.

Traducións

editar
  • Shakespeare en España.
  • Historia de la Revolución de Inglaterra de Lord Macaulay.
  • Discursos parlamentarios de Lord Macaulay
  • Historia del reinado de Guillermo III de Lord Macaulay.
  1. El Eco de Santiago, 13-3-1933, p. 1.
  2. La Voz de Galicia, 9-3-1933, p. 4.

Véxase tamén

editar

Bibliografía

editar

Ligazóns externas

editar