Daniel Domínguez
Daniel Domínguez Pérez, nado en Tui en 1955, é un guionista galego. Forma parte da primeira xeración dos actuais (out. de 2004) integrantes do Sector Audiovisual Galego.
Biografía | |
---|---|
Nacemento | 1955 ![]() Tui, España ![]() |
Actividade | |
Ocupación | director de cinema ![]() |
![]() ![]() ![]() ![]() |
Traxectoria
editarComezou (de xeito autodidacta) dirixindo A outra muller (Vídeo, 1982), O segredo (35mm, 1984) e Río de sombras (35mm, 1986), esta última baseada no conto "O Suso" de Xosé Luís Méndez Ferrín.
En 1991 está entre os integrantes do equipo fundador da Escola de Imaxe e Son (EIS) da Coruña onde imparte a materia de guión. Durante anos deixáse notar a súa influencia na formación dos futuros profesionais do Audiovisual Galego ben sexa na EIS, nos masters da Universidade da Coruña ou en numerosas iniciativas relacionadas coa esinanza da construción do guión.
Sae da Escola de Imaxe e Son dun xeito abrupto impropio do seu talento e reaparece como guionista de series de televisión como Mareas Vivas (1998), Terras de Miranda (2000), As leis de Celavella (2003) ou a recente Miña sogra máis eu (2004).
O seu nome aparece nos créditos de agradecemento de innumerables curtametraxes, e como guionista de todo tipo de obras audiovisuais entre elas algunhas de animación como Ignotus (2000) e Os defuntos falaban castelao (2000). Tamén na longametraxe galega Blanca Madison (Carlos Amil, 2000).
Filmografía
editarDirector de Curtametraxes e Vídeo
editar- A outra muller (Vídeo, 1982)
- O segredo (35mm, 1984) codirixida con Uxía Blanco
- Río de Sombras (35mm, 1986) -Mención Especial no Festival de Cine de Alcalá de Henares de 1987-
Guionista
editarTelevisión
- Mareas Vivas (1998)
- Terras de Miranda (2000)
- As leis de Celavella (2003) -Premio Mestre Mateo 2003 ao mellor guión orixinal-
- Miña sogra máis eu (2004)
Curtametraxes
editar- Ignotus ( Tomás Conde e Virginia Curiá, 2000)
- Os defuntos falaban castelao ( Tomás Conde e Virginia Curiá, 2000)
Longametraxes
editar- Blanca Madison (Carlos Amil, 2000)