Dürüm
comida turca
Dürüm é un rolo feito cun tipo de pan plano, coma o yufka ou o lavash que se enche de ingredientes (un xeito de presentar o döner). A verba significa 'rolo' en lingua turca, e consite nunha comida típica da rúa común tanto en Turquía e os países achegados, coma noutras partes de Europa e do Oriente Medio. Na cociña turca, o dürüm é a comida do almorzo, con ingredientes coma çökelek ou queixo branco, ou noutras horas coa versión fast food de moltos pratos de carne coma os kebabs, döner, tantuni, kokoreç, ciğer şiş e outros semellantes.
![](http://up.wiki.x.io/wikipedia/commons/thumb/b/b9/Tavuk_d%C3%BCr%C3%BCm_and_ayran.jpg/220px-Tavuk_d%C3%BCr%C3%BCm_and_ayran.jpg)
Dürüm döner é un elemento común da comida rápida na Alemaña.[1]
Galería de imaxes
editar-
Dürüm kokoreç da cociña turca, nun restaurante de Istanbul.
-
Un dürüm döner ou dürüm enchido de döner.
Notas
editar- ↑ Ursula Heinzelmann (15 abril 2014). Beyond Bratwurst: A History of Food in Germany. Reaktion Books. pp. 347–. ISBN 978-1-78023-302-4.
Véxase tamén
editarWikimedia Commons ten máis contidos multimedia na categoría: Dürüm |