Dólar de prata do Xardín Botánico dos Estados Unidos
Dólar de prata do Xardín Botánico dos Estados Unidos | |
---|---|
A/: Rosa no centro, rodeada por grilanda de rosas na parte superior.
Lendas: UNITED STATES / BOTANIC GARDEN / 1820 - 1885 / E PLURIBUS UNUM |
R/: Fachada do edificio do Xardín Botánico en Washington. Data e marca de ceca (P).
Lenda: LIBERTY / ONE DOLLAR / IN GOD WE TRUST / UNITED STATES OF AMERICA |
O dólar de prata do Xardín Botánico dos Estados Unidos é unha moeda conmemorativa, non circulante, emitida pola Casa da Moeda dos Estados Unidos en 1997 e cuñada pola Ceca de Filadelfia.
Esta moeda dun dólar foi autorizada pola Lei 103-328, do 29 de setembro de 1994,[1] pola que se creaba unha moeda conmemorativa para conmemorar o 175º aniversario Xardín Botánico dos Estados Unidos, en Washington, promovido polos Pais Fundadores George Washington, Thomas Jefferson e James Madison, e creado en 1820 polo presidente James Monroe.[2]
Deseño
editarOs deseños do dólar de prata do Xardín Botánico dos Estados Unidos foron aprobados en xaneiro de 1997 polo secretario do Tesouro.[3]
O anverso desta moeda, deseñado por Edgard Z. Steever, representa en primeiro termo a figura dunha rosa como flor nacional, baixo unha grilanda de rosas.[2][4]
Pola súa banda, no seu reverso, creado por William C. Cousins, reprodúcese unha imaxe da fachada francesa con múltiples arcos do edificio do Xardín Botánico dos Estados Unidos en Washington.[2][4]
Produción e comercialización
editarA lei que autorizou a emisión destas moedas conmemorativas prevía unha tiraxe máxina de 500.000 exemplares. A moeda produciuse na Casa da Moeda de Filadelfia e estivo dispoñible para a súa adquisición por parte da poboación a partir de 21 de febreiro de 1997.[5] A a súa produción foi de 58.505 exemplares en coindición estándar e 189.671 con acabamento especial (proof); é dicir, un total de 248.176 exemplares, algo menos da metade da tiraxe máxima autorizada.[2][6]
A moeda comercializouse cunha recarga no seu custo e o beneficio conseguido coa súa venda destinouse ao Fondo Nacional para o Xardín Botánico dos Estados Unidos.[2]
Notas
editar- ↑ "Public Law 103-328 - SEPT. 29, 1994. Sec. 208: United States Botanic Garden Commemorative Coins". Govinfo.gov
- ↑ 2,0 2,1 2,2 2,3 2,4 "Botanic Garden Dollar". United States Mint.
- ↑ "Treasury Secretary Approves Designs for U.S. Botanic Garden Commemorative Silver Dollar". United States Mint.
- ↑ 4,0 4,1 "1 Dollar Botanic Garden". Numista.com
- ↑ "U.S. Botanic Garden Commemorative Silver Dollar Now Available from the U.S. Mint". United States Mint.
- ↑ "Historical Commemorative Coin Sales Figures: 1997 Botanic Garden Silver Dollar". United Staes Mint.
Véxase tamén
editarOutros artigos
editarLigazóns externas
editar- "1997 Botanic Garden Silver Dollar" (ModernCommemoratives.com)