Día das Canarias
O Día das Canarias[1] é un día festivo en todas as illas das Canarias, que se celebra o 30 de maio. Conmemórase con este día o aniversario da primeira sesión do Parlamento das Canarias, con sede na cidade de Santa Cruz de Tenerife, levada a cabo o 30 de maio de 1983, uns dez meses despois de publicarse o Estatuto de Autonomía das Canarias no Boletín Oficial del Estado. Este primeiro parlamento foi presidido por Pedro Guerra Cabrera. O Estatuto das Canarias publicouse o 10 de agosto de 1982, e, a semellanza doutros estatutos das demais comunidades autónomas de España, recoñecía unha maior autoxestión do arquipélago canario dentro de España.
Día das Canarias | |
---|---|
Tipo | día festivo oficial |
Conmemora | Parlamento das Canarias |
Unidade Adm. | Illas Canarias |
País | España |
Día periódico | 30 de maio |
[ Wikidata ] |
Notas
editar- ↑ Definicións no Dicionario da Real Academia Galega e no Portal das Palabras para canario.