Día Nacional de Francia
O Día Nacional de Francia, Día da Bastilla ou Festa Nacional de Francia (en francés: Fête nationale), celebrado o 14 de xullo, é unha celebración conmemorativa do aniversario de dous eventos: a toma da Bastilla en 1789, acontecemento considerado como o punto de inicio da Revolución francesa, e o día de unión nacional no Campo de Marte durante a Festa da Federación en 1790.
![](http://up.wiki.x.io/wikipedia/commons/thumb/3/36/2013_Fireworks_on_Eiffel_Tower_02.jpg/250px-2013_Fireworks_on_Eiffel_Tower_02.jpg)
Establecido en 1880, é un día festivo, coñecido polos seus desfiles militares nos Campos Elíseos de París e nas grandes cidades francesas, e os seus fogos artificiais, lanzandos durante a noite en todo o país.