Cuns, Coristanco
Este artigo ou sección precisa dunha revisión do formato que siga o libro de estilo da Galipedia. Pode axudar a mellorar este artigo e outros en condicións semellantes. |
San Vicenzo de Cuns[1] é unha parroquia que se localiza no suroeste do concello coruñés de Coristanco na comarca de Bergantiños. Segundo o IGE, no 2018 a súa poboación descendera ata os 243 habitantes, sendo 120 homes e 123 mulleres. Segundo o padrón municipal de 2004 tiña 379 habitantes (192 mulleres e 187 homes) distribuídos en 10 entidades de poboación, o que supón unha diminución en relación ao ano 1999 cando tiña 412 habitantes.
Cuns | |
---|---|
Cruceiro e igrexa de San Vicenzo de Cuns. | |
Concello | Coristanco[1] |
Provincia | A Coruña |
Coordenadas | 43°07′46″N 8°50′31″O / 43.12958333, -8.84197222 |
Área | 13 km² |
Poboación | 243 hab. (2018) |
Densidade | 18,69 hab./km² |
Entidades de poboación | 10[1] |
[ editar datos en Wikidata ] |
Na parroquia existe unha lagoa que segue mantendo o seu encanto a pesar de que parte da súa contorna está nun estado de abandono.
Toponimia
editarNon dispoñemos de información para os topónimos de Cuns, Albres, Moucos e Sordíns. Para os demais lugares séguense as ideas propostas, basicamente, por Fernando Cabeza Quiles. A Balsa: este nome ten unha orixe prerromana cun primeiro significado de sitio ou valgada encharcada e máis tarde relacionado co de caixa, dorna embarcación. Tamén propón a idea de que estea relacionada cun oco de terreo que se enche de auga. Desde logo que a auga alí non escasea. A Gandriña tería certa relación cun terreo inculto e pedregoso. O diminutivo -iña fai alusión a un pequeno tamaño. O Igrexario alude aos predios dependentes ou propiedade da Igrexa. O Pazo da Trabe: Pazo viría do termo latino palatius, relacionado con casas ou mansións señoriais; o segundo termo, na actualidade, ten o significado de elemento sustentador da teitume dunha casa. O Pazo Vello: a explicación iría no senso do topónimo anterior e faría alusión a un pazo máis antigo. Rial: o máis probable é que proceda da voz regale, derivada de rego, e faría referencia a pequenas correntes de auga. O Rueiro podería estar relacionado cunha rúa estreita e de pouca importancia.[2]
Lugares e parroquias
editarLugares de Cuns
editarLugares da parroquia de Cuns no concello de Coristanco (A Coruña) | |
---|---|
Albres | A Balsa | A Gandriña | O Igrexario | Moucos | O Pazo da Trabe | O Pazo Vello | Rial | O Rueiro | Sordíns |
Parroquias de Coristanco
editarNotas
editar- ↑ 1,0 1,1 1,2 DECRETO 189/2003, do 6 de febreiro, polo que se aproba o nomenclátor correspondente ás entidades de poboación da provincia da Coruña.
- ↑ Domínguez Rial, Evaristo (2015). Coristanco.As súas parroquias. Embora edicións. ISBN 978-84-16456-10-9.
Véxase tamén
editarBibliografía
editar- Parroquias de Couso e Cuns. Andando por Bergantiños. Instituto de Estudos Bergantiñáns. 2004.
Outros artigos
editarLigazóns externas
editar Este artigo sobre parroquias da Coruña é, polo de agora, só un bosquexo. Traballa nel para axudar a contribuír a que a Galipedia mellore e medre.
Existen igualmente outros artigos relacionados con este tema nos que tamén podes contribuír. |