Cunchiña
mascota
Cunchiña é unha mascota galega empregada para promocionar o camiño de Santiago e o Ano Xacobeo. Foi creada en 2021 cando substituíu a anterior mascota, Xubi.[1]
Cunchiña | |
---|---|
![]() | |
Creador(es) | Bululú Creativos |
Información | |
Sexo | muller |
Nacemento | 2021 |
Nacionalidade | ![]() |
Características
editarFoi deseñada polo estudio coruñés Bululú Creativos. Ten forma de emoticona e representa o símbolo xacobeo por antonomasia: a vieira. O nome de Cunchiña era inicialmente só interno mais acabou sendo o definitivo.[1]
Está dispoñíbel como unha serie de stickers para o WhatsApp ou iMessage e como gifs no correspondente catálogo do Instagram e Facebook.
Notas
editar- ↑ 1,0 1,1 Cordobés, Rebeca (1 de setembro de 2021). "Así es Cunchiña, la nueva mascota para el Xacobeo". Ven a Galicia (en castelán).