Cultura Nariño
A cultura Nariño ou capulí é unha cultura arqueolóxica do século VII que habitaba o frío altiplano andino na fronteira entre Colombia e Ecuador, no actual departamento de Nariño. Esta cultura, que enterrou ós seus caciques en tumbas con profundidades de até 30 ou 40 m, mantivo relacións comerciais cos poboadores da conca amazónica e o litoral do Pacífico. Traballaron o ouro fino por martelado, con técnicas semellantes ás do suroeste colombiano.
![](http://up.wiki.x.io/wikipedia/commons/thumb/8/8d/Narino-Tuza_footed_Dish_with_Animal_Motifs.jpg/220px-Narino-Tuza_footed_Dish_with_Animal_Motifs.jpg)
![](http://up.wiki.x.io/wikipedia/commons/thumb/7/76/Territorio_da_cultura_Nari%C3%B1o.jpg/220px-Territorio_da_cultura_Nari%C3%B1o.jpg)
Simultaneamente, a rexión foi ocupada por outro grupo, os piartal, cuxos obxectos de cerámica, madeira, téxtiles e pezas de ourivaría, sorprenden polo refinamento do seu deseño e pola súa técnica única no panorama ourive do país. Os seus descendentes, coñecidos como tuza, sentiron a tardía influencia do Imperio Inca, e aínda habitaban a zona na época da conquista española.
Véxase tamén
editarWikimedia Commons ten máis contidos multimedia na categoría: Cultura Nariño |