Cuartel da Mestranza da Coruña
O cuartel da Mestranza[1] é un antigo cuartel situado a carón da Cidade Vella da Coruña, nos Xardíns da Mestranza. É a sede da reitoría da Universidade da Coruña.[2]
Cuartel da Mestranza | |
---|---|
Edificio | |
Localización | Rúa da Mestranza 9 15001, A Coruña |
Coordenadas | 43°22′15″N 8°23′24″O / 43.370833333333, -8.39 |
Uso(s) | reitoría da UDC |
Construción | |
Inicio | 1752 |
Remate | 1754 |
Remodelación | 1774, 1994 |
Equipo | |
Arquitecto(s) | Francisco Llobet, Baltasar Ricaud |
[ editar datos en Wikidata ] |
Historia
editarAntes do século XVIII o exército ocupaba vivendas da Coruña cando precisaban facer traballos na cidade. O capitán xeneral Diego das Mariñas comprara por iso unhas casas na praza principal da cidade en 1594.[3]
En 1751, dado o estado ruinoso dos edificios, decidiuse construír un novo na área situada xunto os conventos de Santa Bárbara e San Francisco. O proxecto foi do enxeñeiro Francisco Llobet.[3] As obras remataron en 1754 a pesar das queixas dos franciscanos que dicían que eran os propietarios dos terreos e das bárbaras que dicían que o edificio quitaba o sol das súas celas e estragaba a ventilación.[3]
O edificio quedou axiña pequeno e entre 1763 e 1771 foi ampliado segundo o deseño de Baltasar Ricaud.[3] En 1774 estableceuse o Almacén de Pertrechos de Artillaría para a mestranza, é dicir, a elaboración e reparación de pezas de artillaría.[1] Este cuartel deu nome á rúa.[4] Durante os séculos seguintes o cuartel sufriu diferentes modificacións.[3]
Na década de 1980, coa reestruturación dos terreos militares da cidade, o cuartel quedou sen uso. En 1994 reformouse o edificio para acoller a reitoría[4] e o paraninfo Universidade da Coruña.[3] Na contorna do antigo cuartel dispúñanse as baterías de artillaría para a defensa da ría do Burgo, espazo que agora ocupan os Xardíns da Mestranza.
Descrición
editarO edificio ten forma de hexágono irregular cun patio porticado cun exterior de estilo neoclásico. Da zona moderna destacan o paraninfo e a cafetaría, cunha gran cristaleira con vistas ao mar.[5]
Notas
editar- ↑ 1,0 1,1 Definicións no Dicionario da Real Academia Galega e no Portal das Palabras para mestranza.
- ↑ Reitoría
- ↑ 3,0 3,1 3,2 3,3 3,4 3,5 Alfeirán, Xosé (27/10/2013). "La antigua Maestranza de Artillería". La Voz de Galicia (en castelán).
- ↑ 4,0 4,1 Gutiérrez, José Manuel (01/02/2010). "Maestranza: de taller de artillería a rectorado". La Opinión A Coruña (en castelán).
- ↑ Bao, Noela (11/09/2018). "Calle Maestranza: pasado militar y presente universitario". Pateando A Coruña (en castelán).
Véxase tamén
editarA Galipedia ten un portal sobre: A Coruña |