Crocodylus anthropophagus
Crocodylus anthropophagus Rango fósil: 1,845 Ma-1,839 Ma[1] Plistoceno | |||||||||||||||
---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|
![]() Reconstrución de Crocodylus anthropophagus | |||||||||||||||
Clasificación científica | |||||||||||||||
|
Crocodylus anthropophagus é unha especie extinta de crocodilo do Plistoceno de Tanzania. Viviu hai 1,84 millóns de anos.[1] Era un predador de gran tamaño que acadaba os 7,5 m de lonxitude.[2][3]
Etimoloxía
editarCrocodylus anthropophagus foi nomeado por Christopher A. Brochu, Jackson Njau, Robert J. Blumenschine e Llewellyn D. Densmore en 2010. O seu nome específico, anthropophagus, procede do grego anthropos, 'humano' e phagos, 'comedor', facendo referencia ás evidencias que hai de que este animal incluía os homínidos na súa dieta.[1]
Taxonomía
editarO espécime holotipo, NNHM-1001, comprende un cranio e un esqueleto parcial. Todos os espécimes descubríronse na garganta de Olduvai, Tanzania, en dúas diferentes formacións rochosas que datan de hai 1,845 e 1,839 millóns de anos no Plioceno-Plistoceno.[1] O cladograma de abaixo procede dun estudo de 2021 baseado no descubrimento dun novo cranio parcial de C. anthropophagus.[4]
Crocodylinae |
|
Crocodylus paleoafricanos Crocodylus neotropicais Crocodylus indo-pacíficos | |||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||
Descrición
editarO esqueleto é consistente co dos representantes vivos do xénero. A vértebra axe ten unha proxección na parte inferior (unha hipoapófise) que parece terse en grande medida fusionado coa propia vértebra. As vértebras son de forma procela, cunha proxección esférica que se estende desde a parte posterior que se une a unha cavidade cóncava do extremo frontal da vértebra precedente. Os fémures están lixeiramente dobrados tomando forma de S. Porén, C. anthropophagus carece do par de cristas óseas pouco profundas que van desde os ollos ao nariz como as dos Crocodylus indopacíficos, e carece de protuberancia (un inchamento do óso) no medio do morro como o dos Crocodylus neotropicais.
A premaxila dereita (o óso que constitúe o extremo frontal do morro) do holotipo conserva tres alvéolos dentais, cun notable espazo entre o primeiro e o segundo alvéolos. A maxila esquerda doutro espécime (o óso que forma o extremo posterior do morro) conservaba 13 alvéolos circulares, aínda que pode que conservase parcialmente un 14º. Había un espazo entre o 9º e o 10º. Os dentes eran todos cónicos e non serrados.
Tiña dous prominentes “cornos” triangulares sobre os oídos.[1]
Paleoecoloxía
editarCrocodylus anthropophagus foi o predador máis grande atopado polos devanceiros da actual especie humana na garganta de Olduvai, como indican os espécimes fósiles de homininos que conservan marcas de trabadas de crocodilo procedentes dese sitio. A súa localidade tipo está preto da de Homo habilis e Paranthropus boisei.[1]
Notas
editarEste artigo incorpora texto CC-BY-2.5 da referencia.[1]
- ↑ 1,0 1,1 1,2 1,3 1,4 1,5 1,6 Christopher A. Brochu; Jackson Njau; Robert J. Blumenschine; Llewellyn D. Densmore (2010). "A New Horned Crocodile from the Plio-Pleistocene Hominid Sites at Olduvai Gorge, Tanzania". PLoS ONE 5 (2): e9333. Bibcode:2010PLoSO...5.9333B. PMC 2827537. PMID 20195356. doi:10.1371/journal.pone.0009333.
- ↑ "Crocodylus anthropophagus". Palaeocritti.com. Arquivado dende o orixinal o 14 de xuño de 2016.
- ↑ Ewen Callaway (24 de febreiro de 2010). "Monster crocodile was ancient human nightmare". New Scientist. Arquivado dende o orixinal o 7 de decembro de 2021.
- ↑ Azzarà, Beatrice; Boschian, Giovanni; Brochu, Christopher; Delfino, Massimo; Iurino, Dawid Adam; Kimambo, Jackson Stanley; Manzi, Giorgio; Masao, Fidelis T.; Menconero, Sofia; Njau, Jackson K; Cherin, Marco (2021). "A new cranium of Crocodylus anthropophagus from Olduvai Gorge, northern Tanzania". Rivista Italiana di Paleontologia e Stratigrafia (Research in Paleontology and Stratigraphy) 127 (2): 275–295. doi:10.13130/2039-4942/15771.
Véxase tamén
editarLigazóns externas
editarWikispecies posúe unha páxina sobre: Crocodylus anthropophagus |
Wikimedia Commons ten máis contidos multimedia na categoría: Crocodylus anthropophagus |