Crocodylus rhombifer
O Crocodylus rhombifer, xeralmente chamado crocodilo cubano, é unha pequena especie de crocodilo que se encontra só en Cuba. A súa lonxitude habitual é de entre 2,1 e 2,3 m e adoita pesar entre 70 e 80 kg. Os machos grandes poden chegar como moito aos 3,5 m de lonxitude e pesar algo máis de 215 kg. Malia o seu modesto tamaño, é un animal moi agresivo e potencialmente perigoso para os humanos.
Crocodylus rhombifer | |||||||||||||||
---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|
![]() | |||||||||||||||
Estado de conservación | |||||||||||||||
![]() Crítico[1] | |||||||||||||||
Clasificación científica | |||||||||||||||
| |||||||||||||||
Nome binomial | |||||||||||||||
Crocodylus rhombifer Cuvier, 1807 | |||||||||||||||
![]() Área de distribución do crocodilo cubano
|
O crocodilo cubano é interesante para os biólogos por ter algúns trazos físicos e de comportamento únicos. Ten patas longas e fortes, e é o de costumes máis terrestres de todos os crocodilos existentes. Os seus hábitats preferidos son ambientes de auga doce como pantanos e ríos. Alí, os adultos aliméntanse de peixes, tartarugas e pequenos mamíferos, mentres que os xoves comen invertebrados e pequenos peixes. O apareamento ocorre en maio e xullo. Os animais en catividade mostran un comportamento de caza cooperativa e poden aprender algúns trucos.
Está na lista das especies en perigo crítico da Unión Internacional para a Conserfvación da Natureza. Antes estaba espallado polo Caribe, pero a súa área de distribución foi minguando ata incluír só o pantano Zapata e a illa de Pinos (ou da Juventud), debido á caza humana. Hai proxectos de crianza en catividade para axudar a especie a recuperarse.
Características
editarO crocodilo cubano ten bastantes características que o separan doutros crocodilianos, como as súas cores máis brillantes, escamas máis fortes, máis avultadas e patas longas e fortes. É un crocodilo de tamaño pequeno a medio. Os adultos miden normalmente entre 2,1 e 3,3 m e pesan de 70 a 80 kg.[2] Os machos grandes poden chegar a 3,5 m e 215 kg ou máis.[3]
Distribución e hábitat
editarHoxe, o crocodilo cubano só pode encontrarse no pantano Zapata da illa de Cuba e na illa de Pinos (Juventud), e está en grave perigo de extinción. Antigamente podía atoparse por todo o Caribe. Hai restos fósiles desta especie nas Illas Caimán[4] e as Bahamas.[5][6]
Prefire hábitats de augas doces como pantanos e ríos e raramente nada en auga salgada.[7]
Bioloxía e comportamento
editarEsta especie presenta comportamentos interesantes que outros crocodilianos non realizan. Unha colonia en catividade desta especie en Gatorland, Florida, mostrou o que se sospeita que era un comportamento de caza en grupo, que pode explicar a predación da megafauna prehistórica que coexistiu con esta especie, como o preguiceiro xigante.[8] Esta especie é o máis terrestre de todos os crocodilos, e tamén posiblemente o máis intelixente.[9]
Caza e dieta
editarA súa dieta está formada inicialmente por pequenos peixes, artrópodos e crustáceos. Os adultos aliméntanse principalmente de pequenos mamíferos, peixes e tartarugas. Teñen dentes traseiros romos, cos que poden romper as coirazas das tartarugas que capturan. Tamén realizan a técnica de cazar saltando da auga que se observa noutros crocodilianos como o aligátor do Mississippi. Impulsándose coas súas poderosas colas poden saltar da auga e apañar pequenos animais situados nas ramas que colgan sobre a auga.[10] O crocodilo cubano, aínda que non é especialmente grande, é xeralemnte considerado o crocodilo máis agresivo do Novo Mundo,[11] e é, en canto comportamento, dominante sobre o máis grande crocodilo americano en áreas nas que coexisten as dúas especies.[12] Os datos sobre ataques a seres humanos son limitados, pero os casos son raros debido á pequena área de distribución do animal.
Reprodución
editarA estación reprodutora desta especie é entre os meses de maio e xullo.[13] Isto secre que está relacionado con cambios ambientais, como as precipitacións e temperaturas.[14] Na natureza, aniñan en pantanos húmidos; onde forman trincheiras e cobren os ovos con materia orgánica.[14] En catividade, os crocodilos fan niños con forma de morea. Poñen entre 30 e 40 ovos e o período estimado de incubación é de 58 a 70 días.[13] A eclosión pode ocorrer desde finais de agosto a inicios de setembro. Debido á depredación que sofren por parte dos humanos, mapaches, e outros animais, moitos ovos non chegan a eclosionar. Ao naceren, as crías son de aproximadamente 5 a 8 cm de lonxitude e 120 g de peso.[14] Igual que noutros crocodilianos, o sexo das crías do crocodilo cubano está determinado pola temperatura no niño. Nas instalacións de cría e conservación, os ovos lévanse a incubadoras onde están nun ambiente constante de 32 graos Celsius para que se produzan machos.[14][15] É unha especie agresiva que pode cometer actos de canibalismo, o que contribúe a que gran parte da descendencia non sobreviva á idade xuvenil.
Conservación
editarO crocodilo cubano está na lista das especies en perigo crítico da Unión Internacional para a Conserfvación da Natureza e no Apéndice 1 da lista do CITES. O seu hábitat restrrinxido e reducida área de distriución fano moi vulnerable. Os humanos cazaron esta especie case ata a súa extinción. Quedan moitas investigacións que facer sobre esta especie nas poboacións silvestres que quedan. A especie ten exemplares en catividade en Europa e os Estados Unidos, onde se iniciaron proxectos de cría en catividade. No pasado houbo problemas de hibridación, especialmente co crocodilo americano, o que limitaba a poza xénica pura da especie.[10][16]
Notas
editar- ↑ "Crocodylus rhombifer". Lista Vermella de especies ameazadas. Versión 2013.2 (en inglés). Unión Internacional para a Conservación da Natureza. 2008. Consultado o 2014-04-10.
- ↑ [1]
- ↑ "Copia arquivada". Arquivado dende o orixinal o 20 de setembro de 2012. Consultado o 25 de xullo de 2017.
- ↑ Morgan, Gary; Franz, Richard; Ronald Crombie (1993). "The Cuban Crocodile, Crocodylus rhombifer, from Late Quaternary Fossil Deposits on Grand Cayman" (PDF). Caribbean Journal of Science 29 (3–4): 153–164.
- ↑ Franz, Richard; Morgan, G; Albury, N; Buckner, S (1995). "Fossil skeleton of a Cuban crocodile (Crocodylus rhombifer) from a blue hole on Abaco, Bahamas". Caribbean Journal of Science 31 (1–2): 149–152.
- ↑ Steadman, D. W.; et al. (2007-12-11). "Exceptionally well preserved late Quaternary plant and vertebrate fossils from a blue hole on Abaco, The Bahamas". PNAS 104 (50): 19897–19902. PMC 2148394. PMID 18077421. doi:10.1073/pnas.0709572104.
- ↑ "National Zoo". Arquivado dende o orixinal o 24 de xuño de 2016. Consultado o 25 de xullo de 2017.
- ↑ Alexander, Marc (2006-01-01). "Last of the Cuban crocodile?". Americas (English Edition) (Organization of American States). ISSN 0379-0940. Consultado o 2010-07-09.
- ↑ ""Smart Reptiles"". Dragons Alive (en English). BBC, Animal Planet.
Crocodiles are known to respond to various sounds but the way these Cuban crocs react to training illustrates a different level of intelligence.
- ↑ 10,0 10,1 University of Florida
- ↑ "Copia arquivada". Arquivado dende o orixinal o 29 de xuño de 2017. Consultado o 25 de xullo de 2017.
- ↑ "Copia arquivada". Arquivado dende o orixinal o 26 de marzo de 2012. Consultado o 25 de xullo de 2017.
- ↑ 13,0 13,1 Kristen, P. (2001). Crocodylus Rhombifer. Retrieved from Animal Diversity Web : .http://animaldiversity.ummz.umich.edu/accounts/Crocodylus_rhombifer/
- ↑ 14,0 14,1 14,2 14,3 Ramos Taragon, R. S. (2010). Cuban crocodile (Crocodylus rhombifer). In S. M. C.Stevenson, Crocodiles Status Survey and Conservation Action Plan (pp. 114-118). Crocodile Specialist Group : Darwin .
- ↑ Press., A. (2012, July 20). After decades, Cuban Crocodiles Born At D.C Zoo. Retrieved from CBS Baltimore: http://baltimore.cbslocal.com/2012/07/20/after-decades-cuban-crocodiles-born-at-dc-zoo/
- ↑ Weaver, J. P.; Rodriguez, D.; Venegas-Anaya, M.; Cedeño-Vázquez, J. R.; Forstner, M. R. J.; Densmore, L. D. III (2008). "Genetic characterization of captive Cuban crocodiles (Crocodylus rhombifer) and evidence of hybridization with the American crocodile (Crocodylus acutus)". Journal of Experimental Zoology Part A: Ecological Genetics and Physiology 309A (10): 649–660. doi:10.1002/jez.471.
Véxase tamén
editarLigazóns externas
editar- Crocodilian Online sobre o crocodilo cubano
- Folla de datos sobre o crocodilo cubano