Cristo de La Laguna
O Santísimo Cristo de La Laguna é unha imaxe de Xesús crucificado venerada no Real Santuario del Santísimo Cristo de La Laguna, na cidade de San Cristóbal de La Laguna (Tenerife, Canarias, España).

Trátase dunha escultura da século XVI con gran devoción nas Illas Canarias.[1] É unha imaxe que veu a Tenerife en 1520 desde Flandres, onde foi tallada. Pero antes de chegar a Tenerife pasou por varias cidades de Europa: Venecia, Barcelona e Sanlúcar de Barrameda en Cádiz.[1]
A imaxe sae en procesión dúas veces ao ano, na Semana Santa, o Venres Santo, e nas festas de setembro, que teñen o día grande o 14 de setembro, festa de Exaltación da Santa Cruz segundo o calendario litúrxico católico.[1]