Cristian Toro
Cristian Isaac Toro Carballo, nado na Illa de Margarita (Venezuela) o 29 de abril de 1992, é un piragüista galego, medallista olímpico.[1]
Biografía | |
---|---|
Nacemento | 29 de abril de 1992 ![]() La Asunción, Venezuela ![]() |
Residencia | Viveiro ![]() |
Altura | 1,88 m ![]() |
Peso | 90 kg ![]() |
Actividade | |
Ocupación | caiaquista, político ![]() |
Partido político | Vox ![]() |
Compañeiro profesional | Saúl Craviotto ![]() |
Deporte | piragüismo ![]() |
Participou en | |
2016 | canoagem nos Jogos Olímpicos de Verão 2016 (pt) ![]() ![]() |
![]() ![]() ![]() ![]() |
Cadro de medallas | |||
---|---|---|---|
Competindo para ![]() | |||
Xogos Olímpicos | |||
![]() |
Río 2016 | K-2 200 m |
Traxectoria
editarÉ fillo de pais galegos emigrados en Venezuela, retornados a España (Madrid) no ano 2001 e a Galicia en 2005.
Gañou unha medalla de ouro olímpica en Río 2016, canda o ilerdense Saúl Craviotto, na proba K-2 200 m.[2]
Participou como tronista no programa televisivo Mujeres y hombres y viceversa de Telecinco e mantén unha relación sentimental coa xornalista Irene Junquera.[3]
Gañou catro medallas de prata no Campionato Mundial de Piragüismo, nos anos 2017 e 2018, e dúas medallas de ouro no Campionato Europeo de Piragüismo de 2018.[4]
Nas eleccións municipais de 2023 presentouse como candidato para o concello de Madrid polo partido de ultradereita Vox, sendo o número seis da lista liderada por Rocío Monasterio.[5]
Palmarés internacional
editarXogos Olímpicos | |||
---|---|---|---|
Ano | Lugar | Medalla | Competición |
2016 | Río de Xaneiro ( Brasil) | K2 200 m | |
Campionato Mundial | |||
Ano | Lugar | Medalla | Competición |
2017 | Račice ( República Checa) | K2 200 m | |
2017 | Račice ( República Checa) | K4 500 m | |
2018 | Montemor-o-Velho ( Portugal) | K2 200 m | |
2018 | Montemor-o-Velho ( Portugal) | K4 500 m | |
Campionato Europeo | |||
Ano | Lugar | Medalla | Competición |
2018 | Belgrado ( Serbia) | K2 200 m | |
2018 | Belgrado ( Serbia) | K4 500 m |
Notas
editar- ↑ * Ficha na páxina web Arquivado 13 de abril de 2020 en Wayback Machine. do COI.
- ↑ "Ficha na páxina web do Río 2016". Arquivado dende o orixinal o 26 de agosto de 2016. Consultado o 19 de agosto de 2016.
- ↑ «Así viviu Irene Junquera o ouro do seu noivo Cristian Toro: "Empuxa, empuxa!"» El Progreso, 21/8/2016.
- ↑ "Cristian Toro". CanoeResults.eu (en inglés).
- ↑ "Este es el extronista de ‘MYHYV’ que ha fichado por Vox para las elecciones" (en castelán). 27 de abril de 2023. Consultado o 26 de maio de 2023.