Crema de augardente
A crema de augardente é un licor espeso, semellante á crema irlandesa (ou crema de whisky),[1] feito cunha lenta maceración de augardente branca, crema de leite, azucre e algúns aromas (vainilla, canela, café etc).
É un licor espirituoso moi típico en Galiza, que se popularizou moito nos últimos anos, e onde se adoita tomar a xeito de gotiños tralos xantares coma dixestivo[2].
Ingredientes
editarExisten numerosas variantes locais, que inclúen diferentes ingredientes coma:
- augardente branca
- cremas:
- leite condensado
- leite evaporado
- leite
- crema de leite
- aromas:
- vainilla
- canela
- café solúbel
- xarope de chocolate
- chocolate de fundir
- Licor de anís
- adozantes:
- azucre
- azucre acaramelado
- azucre vainillado
- xarope de caramelo[3].
Notas
editar- ↑ "Definición da palabra: crema". Portal das Palabras. Consultado o 2019-02-01.
- ↑ "Outros licores de Galicia, Crema de augardente, Licor de Cilantro, augardente tostada". www.gastronomiadegalicia.com. Consultado o 2019-02-01.
- ↑ Manu (domingo, 3 de xaneiro de 2010). "Cervexeando: Crema de augardente". Cervexeando. Consultado o 2019-02-01.