Cosme Pombo
político galego
(Redirección desde «Cosme Eladio Pombo Rodríguez»)
Atención: Este artigo é demasiado curto e precisa dun traballo de ampliación. |
Cosme Eladio Pombo Rodríguez, nado no Incio en 1956, é un político nacionalista galego.
Biografía | |
---|---|
Nacemento | 1956 (68/69 anos) O Incio, España |
Actividade | |
Ocupación | político |
Partido político | Bloque Nacionalista Galego |
Traxectoria
editarFoi de mestre de primaria no CEIP Frei Luís de Granada de Sarria. Foi concelleiro e portavoz municipal do BNG no Concello do Incio dende 1995 a 2007 e deputado provincial na Deputación de Lugo de 1995 a 2003. Ocupou o cargo de delegado provincial da Consellería de Vivenda e Solo da Xunta de Galicia en Lugo de marzo de 2008 ata abril de 2009.
É membro do Consello Comarcal do BNG na comarca Lugo-Sul. Vinculado ao mundo asociativo e cultural, é membro fundador da Asociación Cultural A Ouriceira e do grupo Xarín, gaiteiros do Incio.
Foi elixido deputado do Parlamento de Galicia nas autonómicas de 2012.
Véxase tamén
editarLigazóns externas
editar- Ficha no Parlamento de Galicia Arquivado 04 de xuño de 2013 en Wayback Machine.