Corbenic
Corbenic, tamén coñecido como Carboneck ou Corbin, é o nome do castelo onde se atopa o Santo Graal segundo algunhas versións das lendas da Materia de Bretaña. É o fogar do Rei Pescador e do cabaleiro Galahaz.
![](http://up.wiki.x.io/wikipedia/commons/thumb/1/19/Sangreal.jpg/220px-Sangreal.jpg)
Non hai acordo sobre as posíbeis localizacións do castelo actualmente. Pénsase que pode estar tanto en Gales, como Inglaterra, Escocia ou mesmo no departamento francés de Meurthe e Mosela.
Na literatura medieval o castelo é nomeado nos libros Lancelot-Graal e Le Morte d'Arthur.
Normalmente é descrito como un lugar cheo de marabillas, no que se pode atopar unha doncela atrapada nun caldeiro fervendo, un cuarto onde as frechas axexan a quen ousa entrar nela e mesmo un dragón.