Copa da Raíña de hóckey a patíns 2007
A segunda edición da Copa da Raíña de hóckey a patíns tivo lugar entre os días 24 e 25 de marzo de 2007 no Pavillón UDC Rochapea, na cidade de Pamplona (Navarra). O campión foi o Calzedonia Voltregà, que revalidou o título conquistado o ano anterior tras derrotar na final ao Biesca Gijón HC por 6 goles a 1.
Nesta edición marcáronse un total de 58 goles nos 12 partidos disputados, o que supón unha media de 4,83 goles por partido.
Os árbitros que tomaron parte na competición foron: J. Carlos Bifet (Cataluña), Francisco Moreno (Comunidade Valenciana), María Teresa Martínez (Galiza), Gonzalo Dapena (Euskadi), Íñigo Zárate (Euskadi) e Álvaro de la Hera (Castela).
O 21 de marzo celebrouse unha rolda de prensa no hotel Cidade de Pamplona, tendo como protagonistas á conselleira de Benestar Social e Deportes do Goberno de Navarra, Maribel Gracía, á rexedora de deportes do Concello de Pamplona, Maite Mur, así como aos presidentes da Federación Navarra de Patinaxe, Miguel Galarraga, e da Real Federación Española de Patinaxe, Carmelo Paniagua.
Participantes
editarOs equipos participantes na competición foron asignados pola Real Federación Española de Patinaxe seguindo criterios de méritos deportivos. Entre os oito equipos cómpre salientar a presenza de tres representantes galegos, o país máis representado xunto con Cataluña (con outros tres equipos), tamén tomaron parte un equipo asturiano e un madrileño
Lenda
editar
Pts = Puntos totais |
GC = Goles en contra |
Resultados
editarCuaros de final
editar24 de marzo de 2007 9:00 | |||
CE Arenys de Munt | 2-1 | CP Alcorcón Parque Lisboa | Pavillón UDC Rochapea |
24 de marzo de 2007 10:15 | |||
Grup Clima Mataró | 1-2 | Calzedonia Voltregà | Pavillón UDC Rochapea |
24 de marzo de 2007 11:30 | |||
AD INEF Galicia | 2-1 | Club Ureca | Pavillón UDC Rochapea |
24 de marzo de 2007 12:45 | |||
Biesca Gijón HC | 8-0 | H.C. Raxoi | Pavillón UDC Rochapea |
Do quinto ao oitavo posto
editar24 de marzo de 2007 17:00 | |||
CP Alcorcón Parque Lisboa | 2-1 | Grup Clima Mataró | Pavillón UDC Rochapea |
24 de marzo de 2007 18:15 | |||
Club Ureca | 2-4 | H.C. Raxoi | Pavillón UDC Rochapea |
Semifinais
editar24 de marzo de 2007 19:30 | |||
CE Arenys de Munt | 0-4 | Calzedonia Voltregà | Pavillón UDC Rochapea |
24 de marzo de 2007 20:45 | |||
AD INEF Galicia | 1-9 | Biesca Gijón HC | Pavillón UDC Rochapea |
Sétimo e oitavo posto
editar25 de marzo de 2007 9:00 | |||
Grup Clima Mataró | 7-0 | Club Ureca | Pavillón UDC Rochapea |
Quinto e sexto posto
editar25 de marzo de 2007 10:15 | |||
CP Alcorcón Parque Lisboa | 2-1 | H.C. Raxoi | Pavillón UDC Rochapea |
Terceiro e cuarto posto
editar25 de marzo de 2007 11:30 | |||
CE Arenys de Munt | 1-0 | AD INEF Galicia | Pavillón UDC Rochapea |
Final
editar25 de marzo de 2007 12:45 | |||
Calzedonia Voltregà | 6-1 | Biesca Gijón HC | Pavillón UDC Rochapea |
Campión Calzedonia Voltregà |
Clasificación final
editarEquip | Pts | PX | PG | PE | PP | GF | GC | DG | Rend | |
---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|
1º | Calzedonia Voltregà | 6 | 3 | 3 | 0 | 0 | 12 | 2 | +10 | 100% |
2º | Biesca Gijón HC | 4 | 3 | 2 | 0 | 1 | 18 | 7 | +11 | 66'6% |
3º | CE Arenys de Munt | 4 | 3 | 2 | 0 | 1 | 3 | 5 | -2 | 66'6% |
4º | AD INEF Galicia | 2 | 3 | 1 | 0 | 2 | 3 | 11 | -8 | 33'3% |
5º | CP Alcorcón Parque Lisboa | 4 | 3 | 2 | 0 | 1 | 5 | 4 | -1 | 66'6% |
6º | H.C. Raxoi | 2 | 3 | 1 | 0 | 2 | 5 | 12 | -7 | 33'3% |
7º | Grup Clima Mataró | 2 | 3 | 1 | 0 | 2 | 9 | 4 | +5 | 33'3% |
8º | Club Ureca | 0 | 3 | 0 | 0 | 3 | 3 | 13 | -10 | 0% |
Véxase tamén
editarA Galipedia ten un portal sobre: Hóckey a patíns |