Conversa:Revolución de Outubro
Este artigo foi elixido como un artigo de calidade o día 7 de febreiro de 2015, o que significa que foi considerado como un dos mellores traballos da Galipedia cumprindo os requisitos pertinentes ( ). A votación que deu como resultado este destaque atópase na seguinte páxina. |
Esta páxina incorpora texto traducido da páxina "Revolución de Octubre" da Wikipedia en castelán, especificamente na súa versión do día 9 de xaneiro de 2015, publicada baixo a licenza Creative Commons Compartir Igual 3.0. Consulta o historial da páxina orixinal para unha lista dos autores. |
Este artigo foi elixido como un artigo destacado na portada. A proposta atópase na seguinte páxina. |
Este artigo é parte do Wikiproxecto Rusia, que ten por obxectivo crear, mellorar, manter, actualizar e ampliar tódolos artigos relativos a Rusia concordando cos estándares e normas da Galipedia. Consulta a páxina do proxecto para máis información. Nota:Artigo de Calidade Avaliado con Nota:Artigo de Calidade segundo a escala de calidade. Importancia:Máxima Considerado de Importancia:Máxima segundo a escala de importancia. |
Detalles das contribucións e análise de visitas á páxina. |
Cabezallo
editarModifiquei unha frase onde de súpeto se diciía guerra, sen dicir que guerra era: puxen 1ª Guerra Mundial, que estaba agochada na redirección. Ademais, no cabezallo despois de dicir as consignas dos bolxeviques aparece entre paréntese a palabra "(consellos)", que non sei a que se refire. Son os consellos dos soviets ou que? Creo que se podía borrar esa palabra e quedaba igual de ben. Penso que se necesitaría tamén unha maior introdución de cal era a situación naquela época, dicir brevemente cando entrou Rusia na 1ª Guerra Mundial, a situación da fronte e da guerra en Rusia naquel ano, os sacrificios que tivera que soportar a poboación, cal era o seu ánimo. Todo brevemente, pero os cabezallos dos artigos están para introducir o tema. Igualmente, algunha introdución haberá que poñer sobre como se orixinaran os Soviets e cal era a súa situación e o poder que foran adquirindo naquel momento, porque se non se empeza tamén a falar deles de repente como se todo o mundo soubera xa todo. Cun parágrafo para cada cousa chegaría, despois do primeiro parágrafo e enlazándoo co que agora é o segundo parágrafo.--Miguelferig (conversa) 18 de xaneiro de 2015 ás 13:06 (UTC)
- Concordo en parte co que comentas. O (consellos) ten a mesma función que o (actual San Petersburgo) que aparece máis adiante, está a modo de explicación. No tocante á situación de Rusia na 1º Guerra mundial e a como se orixinan os soviets, son uns temas que xa están abordados no artigo que precede a este, é dicir, Revolución de Febreiro que foi a primeira etapa da Revolución rusa. Imaxino que alguén interesado na Revolución rusa non irá primeiro a ver unha das últimas etapas desta e comezará ben por Revolución Rusa de 1917, ben por Revolución de Febreiro, por iso non considero que sexa necesario ampliar con esa información. --AMPERIO (conversa) 18 de xaneiro de 2015 ás 15:03 (UTC)