Conversa:Río Ulla

Último comentario: HombreDHojalata hai 13 días no fío "Nacemento do río Ulla"

Nacemento do río Ulla

editar

Procedo a modificar o dato de nacemento do río Ulla; que segundo todas as fontes (incluida a versión en español da Wikipedia) nace na Parroquia de Olveda, no Concello de Antas de Ulla.

Con respecto á fonte do Ulla, hai quen di que nace en Monterroso: A Gran Enciclopedia Gallega indica que nace o río en Monterroso, estando as súas fontes en Ansar, no monte Picouzo, e entre San Estevo e Fondevila. Únese ó primitivo regueiro o Rial, no mesmo concello, e pouco despois o Ribeiro.[1] E di despois a páxina: Sen embargo, J. Varela, vía Internet, fainos saber que, conforme os seus datos, o río moi posiblemente nace nunha fonte que se encontra nun predio da parroquia de Olveda (concello de Antas de Ulla). Había que clarexar algo isto... --Calq (conversa) 13:57, 29 de abril de 2012 (UTC)

Segundo varios mapas (os do Instituto Xeográfico Nacional, tanto 1:25.000, como 1:50.000, como a base vectorial; o de Google Maps) o nacemento ubícase moi preto do lugar de Cal de Mourelle, na parroquia de Santo Estevo de Ansar, no concello de Taboada. O Catastro marca o mesmo regueiro como nacemento, se ben o corta no límite dos términos municipais de Monterroso e Taboada. Os mapas da Base Territorial de Galicia de "1990" (PDF).  e "2003" (PDF).  marcan outro afluente dese regueiro como o Río Ulla, e nacería no Couto de Mourelle, parroquia de Ansar, Taboada. Eu considero como fontes fiables eses mapas, en especial o MTN25 (Instituto Xeográfico Nacional 1:25.000), e ademais non se contradí moito coa GEG. --Iagocasabiell (conversa) 6 de abril de 2016 ás 00:01 (UTC)Responder
Segundo un recente estudo realizado polo xeógrafo José Horacio García, profesor da USC, publicado na revista Cairón 5 (2021), que edita o Instituto de Estudos Ulloáns (ISSN 2603-8471), ubícase a fonte orixe do río Ulla na Chousa da Poteira da parroquia de Olveda (Antas de Ulla). Estimo, polo tanto, como válida a redacción actual do artigo feita polo usuario Calq. En base a isto, modifico o faldón lateral que discorda coa info do propio artigo. Saúde Satna (Ti dirás) 23 de novembro de 2021 ás 16:55 (UTC)Responder
Boas, estaba buscando información sobre o río e parece que o punto exacto do nacemento está discutido. Polo xeral a maioría das fontes apuntan que se trata de Olveda (Antas de Ulla), pero outras fontes afirman que está en Ansar (Taboada). Nesta noticia da Voz falan disto. No libro que teño diante e na noticia falan de fonte Currelos (lugar de Fondevila, parroquia de Olveda) como o lugar exacto do nacemento, aunque ese nome non aparece en ningún mapa que consultei. No artigo da Wikipedia agora mesmo está posto que naceu na fonte da Poteira (no visor do Sixpac aparece o nome de Chousa da Poteira e o lado o Regato da Ermida, o cal añade ainda máis confusión) En todo caso sería importante que este debate sobre a o nacemento do río aparezca no artigo. Jorjum (conversa) 25 de xaneiro de 2025 ás 22:58 (UTC)Responder

Engado que o libro que menciono falan desta controversia e achega varias fontes que mencionan distintas orixes do río:

  • Diccionario geográfico-estadístico de España y Portugal de Sebastián Miñano (1828) di que nace no lugar de Soengas, ao oeste de Portomarín.
  • Diccionario geográfico-estadístico-históricos de Pascual Madoz (1849) di que nace entre as freguesñias de Santo André de Rial, do Concello de Antas, e San Cristovo de Vilorde que pertence a Monterroso.
  • Artigo de José María Gil na revista Galicia.Revista universal de este reino (1864) di que o Ulla toma orixe de dous manantiais contra o lugar de Soengas no bispado de Lugo.
  • Diccionario Encilopédio Hispano-Americano (1897) di que nace na provincia de Lugo nas montañas que se alzan ó Oeste de Taboada.
  • Gómez de Arteche di que ten orixe ó pé do monte de San Cristovo, e corre ó Noroeste recollendo augas do gran receptáculo formado por aquela montaña e as abas orientais dos montes de Corno de Boi, Carrió e Farelo.
  • Ramón Otero Pedrayo na sea Guia de Galicia (1926) fala de varias fontes como inicio do río e sitúaas no corazón da alta Ulloa.
  • En canto os mapas, o MTN50 ano 2002 situa o nacemento no lugar de Cal de Mourelle (Taboada) mentras que o río que nace en Fonte Currelos chámalle Rego da Ermida (por tanto tómao coma unha afluente) e ambos unénse no lugar de Ferreiros en Monterroso, xa como río Ulla.
  • A Enciclopedia Galega Universal (2006) di que nace na parroquia de Ansar (Taboada)
  • Gran Enciclopedia Galega Silverio Cñada (2006) fala desta discrepancia pero di que a opinión máis común é que nace a partir da confluencia da varios regos na parroquia de Ansar (Taboada)
  • Enciclopedia Espsa (2013) indica que nace en Fonte Ulla, no serra do Faro.

Como vemos hai opinións para todos os gustos e algunhas fontes son máis precisas que outras. Propoño que no artigo se mencione a Olveda como o lugar, recoñecido popularmente como nacemento do río, pero que isto está discutido. Jorjum (conversa) 25 de xaneiro de 2025 ás 23:40 (UTC)Responder

Era boa cousa incluír todas esas fontes no propio artigo, nas "notas" ou na "bibliografía" (WP:V, WP:CITE, WP:FF...) --. HombreDHojalata.conversa 26 de xaneiro de 2025 ás 10:15 (UTC)Responder
Propoño cambiar a redacción do artigo. Agora mesmo no apartado de "Curso" di: "O seu berce é a fonte da Poteira, na parroquia de Olveda (Antas de Ulla)." en lugar diso eu poñería algo así: "O Ulla nace na parroquia de Olveda (Antas de Ulla) se bén o lugar exacto está discutido e varia significativamente según a fonte que se consulte" e a continuación poñería unha nota citando todas fontes que puxen anteriormente. Agardo a vosa opinión antes de facer ningún cambio. Jorjum (conversa) 29 de xaneiro de 2025 ás 09:58 (UTC)Responder
Adiante. Wikipedia:Edita con afouteza. --. HombreDHojalata.conversa 29 de xaneiro de 2025 ás 11:34 (UTC)Responder

Afluentes

editar

Estou editando a versión en castelán e no referente ao afluentes é bastante lioso. Aquí na wiki en galego a fonte usada é un enlace o SIXPAC no que, alo menos eu, non vexo nada de información sobre o rio. Abre a web e nada máis. Por outro lado, agora mesmo se comparamos os artigos os afluentes non coinciden. Eu atopei 38 e aquí so hai 32. Sería cuestión de engadilos pero claro, primeiro, aquí están por orden, do nacemento do Ulla ata a desembocadura, e os que faltan non sei onde metelos. Por último, está o lio dos regatos, que nalgúns sitios aparecen como ríos, noutros como regatos e noutros como regos, e realmente non sei como continuar. Saudos. Jorjum (conversa) 22 de xaneiro de 2025 ás 10:52 (UTC)Responder

Se miro con lupa os SIXPAC vou atopando pequenos ríos/regatos que podrían incluirse, pero claro vense ahí soamente, outra cousa é atopar fontes fiables. A maioria das búsquedas en internet son moi vagas ou enlaces a blogs e redes sociais. Por exemplo:
  • Rego de Ermida
  • Rego Lama de Lago
  • Rego do Bispo
  • Rego de Piñeiro
  • Rego das Pereiras
  • Rego de Sirgal (Rego de Lourentía)
  • Rio Fadal
  • Rego do Salgueiral
  • Rego do Santo
  • Rego do Rao
  • Río Amedo (Rego Pontigo, Rego da Pereira, Rego de Agrolento, Rego da Pontevilela, Rego de Bascuas)
  • Rego Cargón
  • Rego Pequeno
  • Rego de Barreiro
  • Rego de Laxe
  • Rego do Peizal
  • Rego Santa de Mariña
  • Rego do Porto Podence
  • Rego de Frádegas
  • Río Pambre (Rego da Chancela)
  • Rego da Ponticela
  • Río Seco
  • Rego de Galegos
  • Río Furelos
  • Rego de Oural
  • Rego da Porta da Uz
  • Rego da Baiña
  • Rego do Porto
  • Rego de Belmil
  • Fonte de Ferreiro
  • Rego de Brocos
  • Río Amego (Rego da Frisca, Rego Pequeno)
  • Rego de Riobó
  • Rego do Vilar
  • Rego de Bustelo
  • Rego das Veigas
  • Rego Abeleira
  • Rego Beseña
  • Rego de Portamoreda
  • Rego do Muiño
  • Rego de Puñin
  • Rego de Anido
  • Rego de Tronceda
  • Embalse Portodemouros
  • Regueiro dos Muiños
  • Río das Lañas
  • Regueiro de Carballeira
  • Regueiro de Brandariz
  • Rego de Cabrafrigo
  • Rego da Lavandería
  • Río Preveidiños
  • Río Añobre
  • Río Deza
  • Rego do Castelo
  • Rego de Valpedre
  • Río do Pontillón
  • Arroio de Marque
  • Rego de Tomonde
  • Rego de San Cristobo
  • Arroio de Busos
  • Río Liñares
  • Rego de Bugueiros
  • Río Pereiro
  • Río Vea
  • Río de Santa Lucía
  • Rego do Outeiro
  • Rego do Pumariño
  • Rego de Sinde
  • Rego de Xuane
  • Rego das Lamas
  • Rego do Castro
  • Rego de Rocha
  • Rego Castrelo
  • Río Sar (2)
  • Río Valga
  • Río Louro
  • Rego de Vigo
  • Rego do Tarrio
  • Rego de Manselle
  • Rego de Imo
  • Rego de Gondomil
  • Río de Catoira (Rego de San Cibrán, Rego da Lagoa)
  • Rego da Lagartera
  • Río Cores?
  • Rego de Freixeiro
  • Rego do Souto da Vila
(Edito) Fixen unha búsqueda exhaustiva e todos estos son os regos e ríos afluentes do Ulla que atopei. Son moitos, e ainda quedaron algúns que non teñen nome. Seguramente a maioría teñan un caudal tan pequeno quee dificilmente poderían ser catalogados como ríos ou regatos (ahí eu xa non me meto que non son experto no tema). Agora o complicado será atopar fontes fiables de cada un para poder metelos no artigo. Queda moito traballo. Jorjum (conversa) 23 de xaneiro de 2025 ás 08:51 (UTC)Responder
Ola, @Jorjum:. Parabéns polo teu traballo co Ulla! Anímaste a traducir ao galego o artigo da Ponte de Sarandón? Respecto aos afluentes, podes probar a navegar co visor do Instituto Xeográfico Nacional para buscar os ríos e regos que desaugan no Ulla, e contrastar os nomes que aparecen con Galicia Nomeada. Como o ves? Un saúdo! --Estevo(aei)fálame aquí 23 de xaneiro de 2025 ás 09:08 (UTC)Responder
Boas. Sí, o artigo da Ponte de Sarandón tiña pensado crealo en breves. Seguramente hoxe mismo. Sigo de toda formas indagando no tema do Ulla. As webs que me pasas son moi interesantes pero de momento non me están axudando nada. Igual teño que curiosear maís nelas. saudos Jorjum (conversa) 23 de xaneiro de 2025 ás 09:30 (UTC)Responder
Volver á páxina "Río Ulla".