Conversa:Diorama
![]() ![]() | Esta páxina incorpora texto traducido da páxina "Diorama" da Wikipedia en castelán, especificamente na súa versión do día 17 de abril de 2021, publicada baixo a licenza Creative Commons Compartir Igual 3.0. Consulta o historial da páxina orixinal para unha lista dos autores. |
![]() | Detalles das contribucións e análise de visitas á páxina. |
Untitled
editarBoas @HombreDHojalata
no artigo do Diorama vin que borraches a metade do apartado "Galería". Hai algunha extensión máxima?
Vin que editaches tamén a páxina de Ilustración Científica, que ten case o número de imaxes, pero aí si que as conservaches (agora ten moita mais).
Ambas páxinas, e outras que editei como as de Alumeamento, Comunicación Visual, Iluminación na fotografía, Visualización dos datos, etc, teñen un compoñente visual que a min me parece interesante para comprender o tema das páxinas. Por exemplo a de Historia do Debuxo Técnico só existe en castelán, onde só inclúen unha imaxe, se cadra a máis prescindible, con material de debuxo (lápices e plumas), e termina na Antigüidade, mentras que eu considerei que a Historia do Debuxo Técnico debe chegar aos tempos de hoxe, e incluín imaxes tanto das orixes como de cada un dos pasos da evolución. A de castelán de Visualización dos datos só ten unha imaxe, pero enténdese mellor que tipo de gráficos, diagramas e outros medios de presentación visual dos dato hai precisamente poñendo exemplos visuais.
En Commons hai centos de imaxes de dioramas, pero eu busquei varias representativas, incluíndo o plano orixinal de Daguerre, que dá a idea de como era, outra dun poliorama (tamén de Daguerre pero explica a evolución e o cambio de escala), unha de Paleoarte, unha dun edificio-diorama (de feito en ruso chámase así o edificio), outra dun diorama como recurso didáctico, outra á entrada dun parque natural, outra dun diorama ferroviario (un tipo de diorama que podería ter páxina propia), outra especial porque combina banda sonora, leds, etc.
Alguén puxo a do Belén de Begonte e a min pareceume ben, aínda que xa hai outra dun Belén porque se pode ver a diferencia por contraste (un é eléctrico e outro non, un é galego e o outro non...) e por iso a deixei, movéndoa á Galería, conservando as medidas das miniaturas (as pequenas na galería, as outras á dereita do mesmo tamaño para facilitar a lectura). —o anterior comentario sen asinar foi feito por Gasparoff (conversa • contribucións) 21 de maio de 2021