Contraventá
Unha contra ou contraventá[1] é unha porta pequena que se pon detrás das fiestras para impedir o paso da luz[2].
![](http://up.wiki.x.io/wikipedia/commons/thumb/6/64/Beleza_na_fiestra.jpg/230px-Beleza_na_fiestra.jpg)
![](http://up.wiki.x.io/wikipedia/commons/thumb/5/51/O_Castro_de_Vigo_%2878%29.jpg/230px-O_Castro_de_Vigo_%2878%29.jpg)
As contras van incorporadas pola parte exterior do muro (Francia, País Vasco, Cataluña...) ou a rentes da parede interior da casa (Galicia, Reino Unido), fíxanse ao muro mediante gonzos ou bisagras. Teñen unha función semellante á persiana mediterránea: impedir o paso da luz ou a calor.
En Galicia é a forma de impedir o paso da luz no interior das casas nas vivendas tradicionais. Aos poucos foi sendo substituída pola persiana mediterránea. As contras galegas son de madeira, ábrense en dous batentes cara ao interior da casa, xa que é a fiestra a que fica a rentes do muro exterior para que a auga esvare pola fachada. Este tipo de disposición da contra e da ventá dáse noutras zonas de climas semellantes como o Reino Unido. En zonas algo menos chuviosas como o resto de España, Francia ou Alemaña a contra sitúase por fóra protexendo a fiestra que está no interior da soleira.
Materiais
editarOs materiais máis comúns de fabricación das contras son os seguintes:
Estrutura
editarPola súa estrutura, as contras poden ser:
Galería de imaxes
editar-
Contras azuis de estilo francés.
-
As contras son comúns na arquitectura de estilo francés.
-
Casa con contras.
-
Contras en Berlin-Köpenick.
-
Contras fechadas.
-
Contras pintadas dunha vivenda romanesa.
Notas
editar- ↑ Dicionario visual da construción, Santiago de Compostela, Colexio Oficial de Arquitectos de Galicia, 2004
- ↑ "Definición no Portal das Palabras da RAG". Arquivado dende o orixinal o 21 de outubro de 2014. Consultado o 21 de outubro de 2014.