Constanza
Constanza[1] (en alemán: Konstanz) é unha cidade universitaria de máis de 82.000 habitantes. Está situada na beira oeste do Lago Constanza no recuncho suroeste de Alemaña, no Estado de Baden-Württemberg. Fai fronteira ademais con Suíza.
Große Kreisstadt Konstanz (de) | |||||
Localización | |||||
---|---|---|---|---|---|
| |||||
Estado | Alemaña | ||||
Estado federado | Baden-Württemberg | ||||
Rexión administrativa | Rexión de Friburgo - Regierungsbezirk Freiburg | ||||
Distrito rural | Konstanz (pt) | ||||
Vereinbarte Verwaltungsgemeinschaft | Konstanz VVG (en) | ||||
Capital de | |||||
Contén a división administrativa | |||||
Poboación | |||||
Poboación | 85.770 (2023) (1.585,1 hab./km²) | ||||
Lingua oficial | lingua alemá | ||||
Xeografía | |||||
Superficie | 54,11 km² | ||||
Bañado por | Lago Constanza e Río Rin | ||||
Altitude | 402 m | ||||
Comparte fronteira con | |||||
Organización política | |||||
• Xefe do goberno | Ulrich Burchardt (pt) (2012–) | ||||
Órgano lexislativo | city council of Constance (en) , | ||||
Membro de | International Lake Constance conference (en) Alcaldes pola Paz (1986–) Climate Alliance of European cities with indigenous rainforest peoples (2000–) Kommunale Informationsverarbeitung Baden-Franken (en) (–2018) Zweckverband 4IT (en) (2018–) | ||||
Identificador descritivo | |||||
Código postal | 78462–78467 | ||||
Fuso horario | |||||
Prefixo telefónico | 7533 e 7531 | ||||
Clave de rexión en Alemaña | 083355004043 | ||||
Número de municipio alemán | 08335043 | ||||
Outro | |||||
Irmandado con | |||||
Sitio web | konstanz.de |
Localización
editarConstanza está situada no Lago Constanza (en alemán Bodensee). O río Rin, que nace nos Alpes Suízos, pasa a través do logo Constanza e ao abandonalo, considerabelmente maior, flúe baixo unha ponte que conecta as dúas partes da cidade.
Ao norte do río atópase a maior parte da cidade, con áreas residenciais, industriais e a Universidade de Constanza; mentres que na parte sur está o casco antigo e o centro administrativo e comercial, ademais das instalación da Hochschule ou Universidade de Ciencias Aplicadas. Transbordadores de automóbiles cruzan o lago e dan acceso a Meersburg, e un Catamarán proporciona servizo a peóns cara Friedrichshafen. Ao sur, ás beiras da cidade vella, atópase a cidade suíza Kreuzlingen.
Subdivisións
editarConstanza está dividida en quince distritos:
|
|
|
Historia
editarDe 1414 a 1418 celebrouse nesta cidade o Concilio de Constanza, que deu fin ao Cisma de Occidente.
A comezos do século XIX e como consecuencia das guerras Napoleónicas, o territorio que comprende esta cidade pasou a formar parte da Confederación do Rin e tralo congreso de Viena adheriuse á Confederación Xermánica.
Economía
editarO encanto de Constanza, que foi unha das poucas cidades do país que non foi destruída durante a segunda guerra mundial, atrae a visitantes de todo o estado e en particular de Stuttgart. Ademais Constanza constitúe unha das principais pontes para os intercambios comerciais entre Suíza e a Unión Europea.
Transporte
editarConstanza está servida polas principais vías de ferrocarril cara ao oeste até Singen con conexión con tódalas partes de Alemaña, e cara ao sur a Suíza, conectando coas principais rutas en Weinfelden. Os servizos son proporcionados pola Deutsche Bahn e pola compañía suíza Thurbo e a súa filial alemá. O aeroporto máis próximo está en Friedrichshafen, ao que se pode chegar rapidamente grazas a un servizo de transbordador que cruza o lago, o cal conecta a cidade con outras vilas na beira do mesmo. O aeroporto opera fundamentalmente con voos domésticos, mais conta cunha liña co aeroporto londiniense de Stansted. Os aeroportos internacionais máis próximos son o de Stuttgart, Basilea e Zürich, o cal ten un tren directo con Constanza. Os servizos de autobuses urbanos son proporcionados por SüdbadenBus GmbH.
Ademais Constanza e Friedrichshafen están conectadas por dous (en pronto por tres) catamaráns dende 2005 Constance e Fridolin.
Notas
editar- ↑ Por exemplo en Martínez Pereiro, Xosé Luís (1999). Laiovento, ed. As irmás bastardas da ciencia. Antoloxía de sedes clandestinas. Santiago de Compostela. pp. 144, 148.
Véxase tamén
editarWikimedia Commons ten máis contidos multimedia na categoría: Constanza |
Ligazóns externas
editar- Sitio Web Oficial Arquivado 07 de setembro de 2014 en Wayback Machine. (en alemán)
- Konstanz: Historia e imaxes (en alemán)
- Universidade de Constanza (en inglés)
- Universidade de Ciencias Aplicadas (en inglés)
- Fotografías de Constanza (en inglés)
- Páxina de fotografías de Constanza
- Fotos do Entroido de Constanza Arquivado 20 de xullo de 2014 en Wayback Machine.
- Comunidade de Internet de Constanza
- O Suedkurier, xornal de Constanza