Conquista do Deserto
A Conquista do Deserto foi a campaña militar realizada pola República Arxentina entre 1878 e 1885, pola que ingresou ó territorio e derrotou as tribos, pobos ou nacións (segundo o bando) mapuche, ranquel e tehuelche e que tivo como principais consecuencias a incorporación á soberanía da República Arxentina dunha ampla zona da rexión pampeana e da Patagonia (chamada Puelmapu polos mapuches) que até ese momento estaba dominada polos pobos indíxenas vencidos que sufriron a aculturación, a perda das súas terras e a súa identidade ó seren recolocados pola forza en reservas indias ou trasladados para servir como man de obra forzada.[6][7][8]
Conquista do Deserto | |||
---|---|---|---|
A Conquista do Deserto, cadro de Juan Manuel Blanes. | |||
Tipo | campaña militar | ||
Data | ╴1885 | ||
Resultado | Vitoria arxentina sobre os indíxenas | ||
Localización | Pampas e Patagonia | ||
Belixerantes | |||
| |||
Líderes | |||
Forzas | |||
| |||
[ Wikidata ] |
Os feitos son obxecto de debate e visións diferentes, tanto dentro como fóra dese país. A posición tradicional arxentina sostén que se tratou dunha xesta militar e unha guerra lexítima respecto da efectiva soberanía da República Arxentina sobre territorios herdados do Imperio español e que respondeu aos malóns mapuches sobre a fronteira.[9] Contra a posición tradicional arxentina, políticos e xornalistas arxentinos da época, denunciaron o que consideraron un "crime de lesa humanidade" cometido polo Exército Arxentino.[10]
A posición tradicional das comunidades mapuche, tehuelche e ranquel sostén que se tratou dunha invasión ilexítima dos huincas arxentinos sobre territorios ocupados polos seus devanceiros.
Outra postura arxentina cuestiona a actuación do Estado arxentino contra as nacións indíxenas, tanto pola violencia con que se desenvolveu a conquista, como pola imposición unilateral, a insuficiencia de dereitos e o obxectivo de beneficiar un grupo de terratenentes. Unha opinión máis recente, compartida polas comunidades indíxenas, un sector arxentino e estudosos doutras nacionalidades, sostén que se tratou dun xenocidio e un etnocidio institucional.[11]
Nun sentido histórico máis amplo, o termo inclúe tamén as campañas previas á Conquista do Deserto, é dicir, o conxunto de expedicións militares levadas a cabo polos gobernos nacionais e provinciais arxentinos que se sucederon, en contra dos indíxenas, antes da gran campaña de 1879.
Notas
editar- ↑ "El Historiador “La conquista del desierto”". Arquivado dende o orixinal o 02 de marzo de 2017. Consultado o 4 de abril de 2017.
- ↑ Alfredo Marcelo Serres Güiraldes. La estrategia del general Roca. Buenos Aires: Editorial Pleamar, 1979, pp. 223.
En cuanto a la tribu de Cipriano Catriel -que como ya hemos visto prestó tan buenos servicios al gobierno nacional— (...) El 11 de diciembre de 1873, al frente de 1 000 guerreros —de los cuales 800 portaban lanzas, 50 armas de fuego y el (...).
- ↑ Bengoa, José (2000) [1985]. Historia del pueblo mapuche: siglo XIX y XX. Santiago de Chile: LOM Ediciones, pp. 259. ISBN 956-282-232-X.
- ↑ Juan Carlos Coria (2004). Julio Argentino Roca: de soldado a presidente. Buenos Aires: Círculo Militar, pp. 53. ISBN 978-9-50982-267-2. As tribos da Pampa eran capaces de mobilizar 9 000 lanzas entre as hostes chadiches de Calfucurá e o seu fillo Namuncurá, de Renquecurá, as ranqueis de Catriel, de Baigorrita, Mariano Rosas e Ramón Cabral, de Ramón Tripailao e Manuel Grande e de Pincén.
- ↑ Juan Guillermo Durán. "Catecismos pampas (1870-1885): circunstancias históricas y alcances pastorales". Revista de la Facultad de Teología de la Pontificia Universidad Católica Argentina. ISSN 0328-1396, Nº. 69, 1997, pp. 25-26. As cifras que tratan sobre a diminución sufrida contra 1878 da poboación dos salvajes provén de Estanislao Zeballos, La conquista de quince mil leguas, 1878, pp. 296; 298-299; 308; 319. Obtidos grazas ás informacións dadas polas diversas embaixadas de indíxenas enviadas a falar co goberno, en particular unha enviada en 1877.
- ↑ Hanglin, Rolando. "La cuestión mapuche". Arquivado dende o orixinal o 28 de novembro de 2017. Consultado o 18 de maio de 2017.
- ↑ "El viaje de los mapuches de Araucanía a las pampas argentinas: una aproximación a sus significados socioculturales (siglos XIX y XX)". Arquivado dende o orixinal o 27 de outubro de 2017. Consultado o 18 de maio de 2017.
- ↑ Bengoa, José (2000). Historia del pueblo mapuche Siglo XIX y XX. Santiago de Chile: LOM. p. 99. ISBN 956282232X.
- ↑ Trímboli, Javier.
- ↑ Os días 16 e 17 de novembro de 1878 o diario La Nación, dirixido polo ex-presidente Bartolomé Mitre, publicou un artigo sobre a matanza de 60 indíxenas desarmados por tropas arxentinas ó mando do coronel Rudecindo Roca, irmá do xeneral Julio Argentino Roca, cualificando o acto como "crime de lesa humanidade" e de non respectar "las leyes de la humanidad ni las leyes que rigen el acto de la guerra" (as leis da humanidade nin as leis que rexen o acto da guerra).
- ↑ "Los pobladores del “desierto” Genocidio, etnocidio y etnogénesis en la Argentina por Miguel Alberto Bartolomé".