Conflito en Macedonia de 2001
O conflito en Macedonia de 2001, tamén coñecido como a insurxencia na República de Macedonia, foi un conflito armado iniciado en xaneiro de 2001 cando o Exército de Liberación Nacional (ELN) albanés empezou a atacar ás forzas de seguridade macedonias. O conflito prolongouse até novembro do mesmo ano.
![](http://up.wiki.x.io/wikipedia/commons/thumb/7/7b/2001_Macedonia_insurgency-es.svg/280px-2001_Macedonia_insurgency-es.svg.png)
Desenvolvemento
editarA principios de 2001, e principalmente na fronteira de Macedonia co Kosovo administrado pola ONU, os insurxentes actuaron cun patrón similar ao observado en Kosovo a finais de 1997 e até 1998, segundo o cal pouco a pouco fóronse facendo cargo dunha aldea tras outra.
Estas accións foron inicialmente pacíficas, aínda que a poboación non albanesa foi obrigada a abandonar esas zonas.[1] Porén, en xaneiro e febreiro de 2001 comezaron as accións de combate contra as autoridades lexítimas.
O goberno, nun primeiro momento, non fixo nada en contra da situación, porque se lle asegurou que o que estaba a pasar non ía dirixido contra Macedonia. Satisfeitas coa explicación, as autoridades esperaron durante case dous meses, e daquela a situación estaba xa case fóra de control, tanto que o goberno, soprendido, foi incapaz de prever as consecuencias.[1]
En xaneiro de 2001 xurdiu un grupo autodenominado Exército de Liberación Nacional (ELN), atribuíndose a responsabilidade polos ataques contra as forzas de policía. Os líderes deste ELN, incluíndo a Ali Ahmeti e a seu tío, Fazli Veliu, eran todos da Macedonia Occidental. Afirmaron que as súas forzas contaban con "entre varios centos e millleiros" de combatentes armados.
Porén, non recibiron o apoio de ningún dos dous principais partidos políticos albaneses. O goberno macedonio afirmou que os rebeldes eran en realidade membros da Exército de Liberación de Kosovo (UÇK), que se infiltraran no país. De feito, os combatentes do ELN consideraban a Kosovo como un "refuxio" onde poderían retirarse no caso de grandes accións de Macedonia na súa contra.[2]
Cando oito membros das forzas armadas de Macedonia foron asasinados en Vejce, os macedonios tomaron as rúas dalgunhas cidades, atacando e prendendo lume ás tendas propiedade de albaneses e ás mesquitas. Estes ataques tiveron lugar principalmente en Prilep, Skopje e Bitola.[3] Cidadáns macedonios en Prilep exixiron armas para atacar as vilas veciñas poboadas por albaneses despois de que dez macedonios e xitanos foran asasinados nunha emboscada.
Alto ao fogo e desarmamento
editarDespois do acordo de Ohrid, os rebeldes acordaron o cesamento das accións armadas, en xuño, aínda que houbo outros acordos en agosto, antes de concluír nun definitivo en xaneiro de 2002. No marco do acordo de Ohrid, o goberno macedonio comprometeuse a mellorar os dereitos da poboación albanesa.
Estes dereitos inclúen facer da lingua albanesa a segunda lingua oficial, e o aumento da participación dos albaneses nas institucións gobernamentais, a policía e o exército.
A parte albanesa acordou renunciar a calquera demanda separatista e recoñecer plenamente todas as institucións de Macedonia. Ademais, segundo este acordo, o Exército de Liberación Nacional debía desarmarse e entregar as súas armas a unha forza da OTAN.
A operación Essential Harvest comezou o 27 de agosto. Nesta misión, de 30 días, participaron aproximadamente 3 500 soldados de Macedonia e da OTAN para desarmar ao Exército de Liberación Nacional e destruír as súas armas.
Apenas unhas horas despois de que a OTAN concluíra a operación, Ali Ahmeti, dixo nunha rolda de prensa que no bastión rebelde de Sipkovica estaba disolvéndose o Exército de Liberación Nacional e que era o momento da reconciliación étnica.
Pero varios meses despois do conflito, aínda persistían algunhas provocacións armadas. A máis grave ocorreu cando tres policías macedonios foron asasinados nunha emboscada tendida por homes armados de etnia albanesa o 12 de novembro de 2001.[4]
Notas
editar- ↑ 1,0 1,1 Macedonia, 2001 Arquivado 08 de febreiro de 2012 en Wayback Machine. (en inglés) Consultada o 112/12/2011.
- ↑ Macedonia, 2001 Arquivado 08 de febreiro de 2012 en Wayback Machine. (en inglés) Consultada o 12/12/2011.
- ↑ CNN.com Riot targets ethnic Albanians Arquivado 25 de marzo de 2010 en Wayback Machine., May 1, 2001. (en inglés) Consultada o 12/12/2011.
- ↑ "Macedonia police killed in ambush" BBC News, November 12, 2001 (en inglés) Consultada o 12/12/2011.
Véxase tamén
editarBibliografía
editar- Garganas, Panos (2001): "Macedonia. Repeat Performance", in Socialist Review, nº 255, setembro de 2001. Consultábel en liña (en inglés) Consultada o 26/2/2012.
- Chris Marsden (2001) "US forces conflict with KLA-backed Albanian separatists in Macedonia". World Socialist Web Site (en inglés) Consultada o 26/2/2012.
- Deliso, Christopher (2002): "Macedonia On War Footing Over Kosovo Border Provocations" (en inglés) Consultada o 26/2/2012.
- The Economist. "War in the Balkans, again?. The fighting in Macedonia between ethnic-Albanians and Slavs could lead to another Balkan war (en inglés) Consultada o 26/2/2012.
Outros artigos
editarLigazóns externas
editar- Macedonia: Step back from the abyss. BBC News (en inglés) Consultada o 26/2/2012.
- Civil War: 'Made in the USA'. Antiwar[Ligazón morta] (en inglés) Consultada o 26/2/2012.
- Albanians in Macedonia Crisis Center Cronoloxía da guerra. Serie de artigos de diversos medios de información e noticias do mundo sobre a situación en Macedonia entre marzo de 2001 e marzo de 2002. (en inglés) Consultada o 26/2/2012.
- Walker, Tom (2001): "Macedonia on Brink of War". Sunday Times (en inglés) Consultada o 26/2/2012.
- "Macedonia police killed in ambush". BBC News. 12 de novembro de 2001 (en inglés) Consultada o 26/2/2012.
- "Interview with Ljube Boshkovski". Antiwar (en inglés) Consultada o 26/2/2012.