Conferencia das Nacións Unidas sobre o Cambio Climático de 2015
2015 Conferencia das Nacións Unidas sobre o Cambio Climático ou Convención Marco das Nacións Unidas sobre o Cambio Climático XXI. A Conferencia organizouse en París, en 2015, do 30 de novembro ao 11 de decembro. Organizouse co obxectivo de limitar a emisión de gases que provocan o efecto invernadoiro.[1]
Conferencia das Nacións Unidas sobre o Cambio Climático de 2015 | |
---|---|
![]() | |
Acrónimo | COP 21 e CMP 11 |
Tipo | Conferências das Nações Unidas sobre as Mudanças Climáticas |
Presidente/a | Laurent Fabius (pt) ![]() ![]() |
País | Francia |
48°56′37″N 2°25′51″L / 48.94369, 2.430768 | |
Na rede | |
https://unfccc.int/process-and-meetings/conferences/past-conferences/paris-climate-change-conference-november-2015/cop-21 | |
![]() ![]() | |
[ editar datos en Wikidata ] |
Resultados da conferencia
editarO 12 de decembro de 2015, 195 estados participantes chegaron a un acordo básico para reducir as emisións de gases; este acordo chámase Acordo de París. No informe de 12 páxinas, os asinantes comprometéronse a tomar medidas para reducir as emisións de carbono, limitando así o efecto invernadoiro a non elevar a temperatura da Terra en máis de dous graos. O informe non marca os prazos, só que se fará canto antes, nin as medidas concretas, polo que recibiu fortes críticas por parte dos ecoloxistas. Laurent Fabius, o ministro francés de Relacións Exteriores, cualificou o tratado de histórico, subliñando que é "magnánimo e equilibrado".[2]
Segundo o Comité Organizador, estas medidas serían suficientes para finais de século, é dicir, para 2100, para que a temperatura global aumente en menos de dous graos con respecto á época preindustrial. [3]
Galería
editar-
Foto oficial dos xefes de Estado participantes.
-
John Kerry na rolda de prensa.
-
Representantes
-
François Hollande lendo o seu discurso ao final (12/12/2015).
-
Protestas ecoloxistas.
Notas
editar- ↑ "Copia arquivada". Arquivado dende o orixinal o 24 de novembro de 2022. Consultado o 24 de novembro de 2022.
- ↑ "With landmark climate accord, world marks turn from fossil fuels". Reuters (en inglés). 2015-12-13. Consultado o 2022-11-24.
- ↑ https://web.archive.org/web/20151210193406/http://www.cop21.gouv.fr/en/learn/what-is-cop21/
Véxase tamén
editarWikimedia Commons ten máis contidos multimedia na categoría: Conferencia das Nacións Unidas sobre o Cambio Climático de 2015 |