Confederación de Nacionalidades Indíxenas de Ecuador
A Confederación de Nacionalidades Indíxenas de Ecuador (CONAIE) é a maior e máis importante organización de grupos étnicos de Ecuador. Creada en 1986, a CONAIE está dedicada a organizar social e politicamente os diversos pobos indíxenas de Ecuador. Os seus obxectivos son a defensa dos dereitos dos pobos indíxenas, o fortalecemento da identidade indíxena, a recuperación dos dereitos da terra (negados dende a época colonial), a oposición ás políticas neoliberais e a oposición á intervención militar dos Estados Unidos na rexión (como o Plan Colombia). CONAIE actúa normalmente a través da acción social e política (basicamente a través do partido político Pachakutik) pero tamén a través de accións directas, con levantamentos populares. O actual presidente (2006) é Luis Macas.
Confederación de Nacionalidades Indíxenas de Ecuador | |
---|---|
![]() | |
Acrónimo | Conaie |
Tipo | organización non gobernamental, organización social e organización paraugas |
Ideoloxía | Indixenismo, antineoliberalismo, Soberanismo, Progresismo, antiimperialismo, ecocentrismo e Plurinacionalismo |
Campo de traballo | Dereitos indíxenas |
Área de operación | Ecuador |
Data de fundación | 16 de novembro de 1986 |
Presidente/a | Leonidas Iza (-) ![]() |
Sede | Quito |
País | Ecuador |
Na rede | |
https://conaie.org/ | |
![]() ![]() ![]() | |
[ editar datos en Wikidata ] |
![](http://up.wiki.x.io/wikipedia/commons/thumb/4/46/Bartolo_Ushigua.jpg/220px-Bartolo_Ushigua.jpg)
Véxase tamén
editarLigazóns externas
editar- Páxina oficial (en castelán)