Condado do Grove
O condado do Grove é un título nobiliario español outorgado polo Rei Afonso XIII o 9 de xullo de 1902. O primeiro titular foi Juan Loriga Herrera-Dávila, preceptor do rei. Recibe o nome da parroquia da vila do Grove.
Condado do Grove | |
---|---|
![]() | |
Primeiro titular | Juan Loriga Herrera-Dávila |
Concesión | Afonso XIII 9 de xullo de 1902 |
Actual titular | Vacante |
Condes do Grove
editarTitular | Período | Datos | |
---|---|---|---|
Creación por Afonso XIII | |||
I | Juan Loriga Herrera-Dávila | 1902-1929 | Xeneral de artillaría, casado con Josefa Loriga Parra. Sen descendentes, sucedeuno a súa esposa por designación autorizada. |
II | Josefa Loriga Parra | 1929-1940 | Sen descendentes, sucedeuna o seu irmán. |
III | Eliseo Loriga Parra | 1940-1959 | Casado con Esperanza Taboada Bugallo. Sucedeuno a súa filla. |
IV | María Araceli Loriga Taboada | 1960- ? (última titular) | |
Título vacante |
Véxase tamén
editarBibliografía
editar- Elenco de Grandezas y Títulos Nobiliarios Españoles. Instituto Salazar y Castro, CSIC.