Condado de Kerry
O condado de Kerry (en gaélico irlandés Contae Ciarraí ou Chiarraí) é un condado da provincia de Munster (República de Irlanda, no suroeste do país. É celebre por ser o punto entrada do cristianismo nas Illas Británicas e por conter algunhas das máis importantes e históricas abadías da orde irlandesa. Ocupa unha extensión de 4.746 km² nos que habitaban 139.616 persoas no 2006. É o quinto condado máis grande dos 32 condados de Irlanda, e é o décimo cuarto en termos de poboación.[1]. Con respecto á provincia é o segundo máis grande por superficie e o cuarto por poboación. A capital do condado é Tralee, mais neste condado áchase unha cidade senlleira irlandesa, Killarney.
Contae Chiarraí (ga) | |||||
Localización | |||||
---|---|---|---|---|---|
| |||||
Estado | Irlanda | ||||
Provincias | Munster | ||||
Capital | Tralee - Trá Lí | ||||
Contén a división administrativa | |||||
Poboación | |||||
Poboación | 147.707 (2016) (30,73 hab./km²) | ||||
Lingua usada | lingua irlandesa | ||||
Xeografía | |||||
Parte de | |||||
Superficie | 4.807 km² | ||||
Punto máis alto | Carrauntoohil (pt) (1.038,6 m) | ||||
Comparte fronteira con | |||||
Organización política | |||||
Órgano executivo | oficina do Cathaoirleach do condado de Kerry | ||||
Órgano lexislativo | legislative body of Kerry County Council (en) Circunscrición: 4, (Escano: 33) | ||||
Identificador descritivo | |||||
Fuso horario | |||||
ISO 3166-2 | IE-KY | ||||
Código NUTS | KY | ||||
Sitio web | kerrycoco.ie |
O seu territorio limita co condado de Limerick polo leste e co condado de Cork polo sueste. Tamén ten costas atlánticas. Alberga un Parque Nacional (Killarney National Park), onde se atopan os Lagos de Killarney. A punta da Península de Dingle é o punto máis occidental de Irlanda, coas Illas Blasket, actualmente deshabitadas, ao oeste.
O condado tamén é sede dun dos equipos de fútbol gaélico máis importantes do país.
Topónimo
editarKerry é unha anglicismo de Ciarraí, que deriva de Ciarraighe, ou "xente de Ciar", o nome da tribo pre-gaélica que viviu en parte do condado actual. O fundador lendario da tribo foi Ciar, fillo de Fergus mac Róich.[2] En irlandés antigo "Ciar" significaba negro ou marrón escuro, e a verba úsase no irlandés moderno como adxectivo que describe a cor morena da pel.[3]
Lugares
editar
|
|
Personaxes egrexios
editar
|
|
|
Notas
editar- ↑ Corry, Eoghan (2005). Hodder Headline Ireland, ed. The GAA Book of Lists. pp. 186–191.
- ↑ T J Barrington, Discovering Kerry, its History Heritage and toponymy, Dublin, 1976
- ↑ Gearrfhoclóir Gaeilge-Béarla, Dublin, 1981
Commons ten máis contidos multimedia sobre: Condado de Kerry |