Concello de Ekerö
Ekerö é un municipio sueco (kommun) do condado de Estocolmo.[1] A súa capital é Ekerö, situada na illa de Ekerön. No ano 2022 a súa poboación era de 29 188 habitantes.[2]
Ekerö kommun (sv) ![]() | |||||
Localización | |||||
---|---|---|---|---|---|
| |||||
Estado | Suecia | ||||
Condado | condado de Estocolmo ![]() | ||||
Capital | Ekerö (pt) ![]() ![]() | ||||
Poboación | |||||
Poboación | 28.868 (2024) ![]() | ||||
Xeografía | |||||
Parte de | |||||
Superficie | 384,17 km² ![]() | ||||
Comparte fronteira con | |||||
Datos históricos | |||||
Precedido por | |||||
Creación | 1 de xaneiro de 1971: (Reforma municipal sueca de 1971) ![]() | ||||
Organización política | |||||
• Chairman of the municipal board of Ekerö Municipality (en) ![]() ![]() | Adam Reuterskiöld (en) ![]() ![]() | ||||
Sitio web | ekero.se ![]() | ||||
![]() ![]() ![]() ![]() ![]() |
O municipio de Ekerö está no sur do landskap de Uppland e inclúe as illas Mälaröarna. O concello inclúe 140 illas no lago Mälaren.
Ekerö limita ao nordés co concello de Järfälla, ao leste co de Estocolmo, ao sueste co de Huddinge, ao sur cos de Botkyrka e Salem e ao suroeste co de Södertälje, todos no condado de Estocolmo. Ao oeste limita co concello de Strängnäs no condado de Södermanland, ao norte cos de Enköping e Håbo no condado de Uppsala e co municipio de Upplands-Bro no condado de Estocolmo.
Xeografía
editarO concello está formado por un grupo de illas no lago Mälaren. Estas coñecéronse durante moito tempo polo nome colectivo de Mälaröarna (as illas do Mälaren). As illas máis importantes son:
- Adelsön
- Björkö (Birka)
- Ekerön (incluídas Munsön, Kärsön e Gällstaö)
- Estbröte
- Fågelön
- Färingsö (Svartsjölandet)
- Helgö
- Kungshatt
- Kurön
- Kärsön
- Lovön (incluída Lindö)
- Malmhuvud
Ademais existen moitas illas pequenas, como Vårö e Ljusön, ámbalas dúas no estreito de Långtarmen.
Notas
editar- ↑ "Län och kommuner i kodnummerordning". web.archive.org. 2017-05-05. Archived from the original on 05 de maio de 2017. Consultado o 2022-08-17.
- ↑ "Folkmängd i riket, län och kommuner 31 mars 2022 och befolkningsförändringar 1 januari - 31 mars 2022. Totalt". Statistiska Centralbyrån (en sueco). Consultado o 2022-08-20.