Comuna de Anaa
A comuna de Anaa é unha comuna da subdivisión Tuamotu-Gambier na Polinesia Francesa, situada no centro do arquipélago. Consta de dúas comunas asociadas, Anaa e Faaite, máis dous atois deshabitados, Tahanea e Motutunga, que dependen de Faaite. A capital da comuna é Tukuhora, en Anaa. Está separado por unha distancia duns 60 km dos outros tres atois que forman unha aliñación no nordés.
Localización | ||||
---|---|---|---|---|
| ||||
Colectividade | Polinesia Francesa | |||
División administrativa da Polinesia Francesa | Illas Tuamotu-Gambier ![]() | |||
Poboación | ||||
Poboación | 970 (2022) ![]() | |||
Xeografía | ||||
Superficie | 38 km² ![]() | |||
Altitude | 0 m ![]() | |||
Datos históricos | ||||
Precedido por | ||||
Identificador descritivo | ||||
Código postal | 98760, 98786 e 98790 ![]() | |||
Faaite
editarFaaite é un atol situado a 60 km ao norte de Anaa. A superficie total é de 9 km². A lagoa interior ten un paso navegable ao océano. A vila principal é Hitianau, cunha poboación total de 246 habitantes.
Foi descuberto polo inglés John Turnbull en 1802, o primeiro comerciante do Pacífico que facía a ruta de Tahití a Hawai. Historicamente o atol tamén se coñeceu co nome de Miloradovich.
Tahanea
editarTahanea é un atol de 63 km², con tres pasos cara ao interior da lagoa. Está deshabitado e visitado ocasionalmente. Foi descuberto por Domingo Bonaechea en 1772, chamándoo San Xulián. Tamén se coñeceu co nome de Tchitschagof.
Motutunga
editarMotutunga é un atol deshabitado, cun paso ao interior da lagoa non navegable. Domingo Bonaechea chamouno San Blas. Tamén se coñeceu co nome de Adventure.
Illas | Capital | Habitantes (2002) |
Superficie (km²) |
Lagoa (km²) |
Coordenadas |
---|---|---|---|---|---|
Anaa | Tukuhora | 437 | 37,7 | 105 | 17°20′S 145°30′O / -17.333, -145.500 |
Comuna asociada de Faaite | |||||
Faaite | Hitianau | 202 | 8,9 | 230 | 16°43′S 145°19′O / -16.717, -145.317 |
Motutunga | - | - | 1,4 | 126 | 17°04′S 144°17′O / -17.067, -144.283 |
Tahanea | - | - | 8,3 | 545 | 16°50′S 144°45′O / -16.833, -144.750 |
Comuna d'Anaa | Tukuhora | 639 | 55,65 | 1.006 |