Comme des Garçons
Este artigo precisa de máis fontes ou referencias que aparezan nunha publicación acreditada que poidan verificar o seu contido, como libros ou outras publicacións especializadas no tema. Por favor, axude mellorando este artigo. |
Comme des Garçons (en xaponés コム・デ・ギャルソン (Komu de Gyaruson)) é unha casa de modas xaponesa dirixida actualmente por Rei Kawakubo e o seu marido Adrian Joffe.
Comme des Garçons | |
---|---|
![]() | |
![]() ![]() | |
Tipo | Empresa privada |
Fundación | 1969 |
Localización | Toquio, Xapón |
Fundador | Rei Kawakubo |
Persoas clave | Rei Kawakubo, fundadora e deseñadora Junya Watanabe, deseñador Tao Kurihara, deseñador Fumito Ganryu, deseñador Adrian Joffe |
Industria | moda |
Produtos | Roupa, complementos, e perfume |
Beneficio neto | 180 millóns dólares EUA (2007) |
Número de empregados | 600 (est) 2011 |
Na rede | |
https://www.comme-des-garcons.com/ e http://www.comme-des-garcons-parfum.com/ | |
[ editar datos en Wikidata ] |
Historia
editarA empresa foi creada en Toquio en 1969 pola deseñadora xaponesa Rei Kawakubo. No ano 1975 abriu a súa primeira tenda e en 1978 creou a súa primeira liña de roupa masculina. O éxito de Comme des Garçons nesta época foi imparable en practicamente toda Asia, e en 1980 abriu a primeira tenda de Comme des Garçons en Europa, na cidade de París, unha das grandes capitais da moda. A partir de entón a marca xaponesa converteuse nunha das casas de moda de alta costura máis relevantes do panorama internacional.
A constante dende a fundación de Comme des Garçons foi romper coas convencións acerca dos canons de xénero, beleza ou alta costura dentro da industria da moda.
Ó final da década dos 80, Comme des Garçons xa facturaba máis de 100 millóns de dólares e contaba con máis de 300 puntos de venda. Na actualidade conta con doce liñas de produtos e unha nutrida gama de perfumes.