Comité Antiforista de Becerreá
O Comité Antiforista de Becerreá, constituído en 1909, foi un comité organizador da propaganda antiforal en Galicia.
Historia
editarLogo dunha intensa propaganda nas parroquias, fundáronse os primeiros sindicatos agrícolas do distrito de Becerreá en abril de 1909. En maio fíxose o primeiro mitin rural, con Alfredo Vicenti como orador. Elixiuse un Comité central provisional dirixido por Santiago Pereira Neira, un responsable da dirección da loita, outro de propaganda e delegados por cada un dos concellos do distrito de Becerreá. Presentaron a Alfredo Vicenti como candidato a deputado a Cortes polo distrito nas eleccións xerais de 1910. Vicenti competiu co gobernamental Antonio Goicoechea. O Comité acordou "declarar o boicot a todos os que deixen de votar; aos que válidos da súa riqueza e autoridade, falsifiquen as actas, as rouben, e compren ou vendan votos ou exerzan coacción sobre algún cidadán, e aos que dean comidas, viños e cigarros aos electores". A elección de 28 de xuño de 1910 foi declarada nula e convocáronse eleccións parciais o 4 de setembro. Nestas foi elixido Vicenti, que ao non presentar credencial, declarouse nula a elección o 13 de outubro. Convocáronse novas eleccións parciais para o 25 de decembro, e declarouse a nulidade o 8 de marzo de 1911[1]. Finalmente Antonio Goicoechea acabou sendo elixido deputado.
Notas
editar- ↑ Elecciones 8.5.1910 Consultado o 30 de xuño de 2014.
Véxase tamén
editarBibliografía
editar- Cabo Villaverde, Miguel (1998). A Nosa Terra, ed. O agrarismo. Vigo. ISBN 84-89976-28-7.
- Durán, J. A. (1977). Siglo XXI, ed. Agrarismo y movilización campesina en el país gallego (1875-1912). Madrid. ISBN 84-323-0244-9.