Colmán de Lindisfarne
Colmán de Lindsfarne ou Colmann ou Colmanus (en latín), nado en Connacht (Irlanda) ca. 605 e finado na abadía de Inishbofin[1] (tamén Irlanda), o 8 de agosto de 674[2] ou 676[3][4], foi un monxe gaélico-irlandés, abade e bispo de Lindisfarne. É venerado como santo en varias relixións cristiás. Unha fonte
![]() ![]() | |
Biografía | |
---|---|
Nacemento | 605 ![]() Illa de Irlanda ![]() |
Morte | 8 de agosto de 676 ![]() Condado de Mayo, Irlanda ![]() |
Lugar de sepultura | Iona ![]() |
Bishop of Lindisfarne (en) ![]() | |
661 – 664 ← Finan de Lindisfarne (pt) ![]() ![]() Diocese: Diocese de Durham (histórica) (pt) ![]() | |
Bishop of Lindisfarne (en) ![]() | |
661 – 664 ← Finan de Lindisfarne (pt) ![]() ![]() | |
Abade | |
![]() | |
Datos persoais | |
Relixión | Igrexa católica ![]() |
Actividade | |
Ocupación | bispo católico (661–), sacerdote católico ![]() |
Enaltecemento | |
Día de festividade relixiosa | 18 de febreiro ![]() |
Descrito pola fonte | Dictionary of National Biography Encyclopædia Britannica ![]() |
Traxectoria
editarColmán orixinario da zona oeste de Iralanda, recibiu a súa formación como monxe columbán na abadía de Iona (Escocia)[5], onde foi discípulo de san Columba, e coetáneo de Aidan e Finian de Lindisfarne. de marchou ó mosteiro ou abadía de Lindisfarne (reino de Northumbria, Inglaterra). En 661 foi nomeado bispo e abade de Lindisfarne[6], sucedendo a Finian[7], e mantívose no cargo até 664.
En 664 rei Oswiu de Northumbria convocou o sínodo de Whitby, para dilucidar que rito se mantiña na liturxia das illas británicas, o estilo da tonsura, o papel do bispo, o cálculo da data de Pascua[8] e outros usos eclesiásticos celtas. Colmán liderou o partido que apoiaba o mantemento do rito e organización do cristianismo céltico[9], porque pensaba que facilitaba a conversións dos pagáns. Porén, ao imporse finalmente o rito romano, Colmán que estaba en contra, renunciou ao seu cargo de bispo e cos seus seguidores gaélico-irlandeses e 30 monxes saxóns retornou a Iona, levando consigo os restos de santo Aidan. O seu sucesor na abadía de Lindisfarne foi Tuda[10].
Entre 665 e 667, fundou varias igrexas en Escocia[4] e en 668, mudouse para a súa terra orixinaria e fundou un mosteiro en Inishbofin[3], illa do condado de Galway, na costa oeste de Irlanda, onde estableceu unha nova comunidade. Como resultado dun conflito interno que dividiu ao mosterio, os monxes gaélico-irlandeses quedaron en Inishbofin e el marchou cos monxes saxóns cara "Magh Eó" (a chaira das árbores de texo; en gaélico) -actual condado de Mayo- onde fundou outro mosteiro e onde depositou a metade das reliquias de Lindisfarne que incluían unha parte da verdadeira cruz[11]. Posteriormente, nomeou primeiro abade a Gerald, un saxón, e el retornou a Inishbofin onde morreu. Cara ao ano 700, ese mosteiro que medrou moi rapidamente, era coñecido en toda a cristiandade como "Mayo dos saxóns".
A súa festa celébrase o 8 de agosto[3].
Notas
editar- ↑ "The Synod of Whitby". mayo-ireland.ie. Consultado o 01-09-2017.
- ↑ "The Monastic Settlement of "Mayo of the Saxons"". mayo-ireland.ie. Consultado o 01-09-2017.
- ↑ 3,0 3,1 3,2 "St. Colman". The Catholic Encyclopedia. Consultado o 01-09-2017.
- ↑ 4,0 4,1 "Saint Colman of Lindisfarne". Encyclopaedia Britannica. Consultado o 01-09-2017.
- ↑ "History of Magh Eó (Mayo Abbey)". mayo-ireland.ie. Consultado o 01-09-2017.
- ↑ Fryde, E.B.; Greenway, D.E.; Porter, S.; Roy, I. (1996). Handbook of British Chronology (Third revised ed.). Cambridge: Cambridge University Press. p. 269. ISBN 0-521-56350-X.
- ↑ Wallace, Martin (1995). A Little book of Celtic Saints. Belfast: Appletree Press. p. 59. ISBN 0-86281-456-1.
- ↑ Nash Ford, David. "St. Colman of Lindisfarne, Bishop of Lindisfarne". Early British Kingdoms. Arquivado dende o orixinal o 04-03-2016. Consultado o 01-09-2017.
- ↑ Hutchison-Hall, John (Ellsworth) (2013). Orthodox Saints of the British Isles. Vol. I (January - March). St. Eadfrith Press. p. 129. ISBN 0615925804.
- ↑ "Colman of Lindisfarne (d. 675)". Unam Sanctam Catholicam. Arquivado dende o orixinal o 02-09-2017. Consultado o 01-09-2017.
- ↑ "A History of Mayo Abbey". Museums of Mayo. Arquivado dende o orixinal o 28-01-2018. Consultado o 01-09-2017.
Véxase tamén
editarWikimedia Commons ten máis contidos multimedia na categoría: Colmán de Lindisfarne |
Bibliografía
editar- "The Historical Works of Simeon of Durham", en: Church Historians of England, volume III, Seeley's, 1855.
- Beda Venerabilis, Historia ecclesiastica gentis Anglorum III Arquivado 13 de maio de 2011 en Wayback Machine., Fordham University, NY
- Beda Venerabilis, Historia ecclesiastica gentis Anglorum IV Arquivado 14 de maio de 2011 en Wayback Machine., Fordham University, NY
- Biographisch-Bibliographisches Kirchenlexikon (BBKL).
Ligazóns externas
editar- Colmán 1 na Prosopography of Anglo-Saxon England