Cogombro do demo
Cogombro do demo | |||||||||||||||||||||||
---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|
![]() Ecballium elaterium in Gottorfer Codex, 1649-1659 | |||||||||||||||||||||||
Clasificación científica | |||||||||||||||||||||||
| |||||||||||||||||||||||
Nome binomial | |||||||||||||||||||||||
Ecballium elaterium (L.) A.Rich., Dict. Class. Hist. Nat., 6: 19, 1824 | |||||||||||||||||||||||
Subespecies | |||||||||||||||||||||||
|
O cogombro do demo,[1] ou elatérico[2] (Ecballium elaterium) é unha planta herbácea perenne da familia das Cucurbitáceas, única especie coñecida do xénero Ecballium, xénero que se caracteriza - entre outras cosas - por ser o único da familia que non ten gabiáns.
![](http://up.wiki.x.io/wikipedia/commons/thumb/7/7e/Ecballium_elaterium.jpg/220px-Ecballium_elaterium.jpg)
![](http://up.wiki.x.io/wikipedia/commons/thumb/9/93/Ecballium_elaterium1.jpg/220px-Ecballium_elaterium1.jpg)
Descrición
editarDe talos rastreiros, follas en forma de corazón, triangulares, grosas e irregularmente dentadas, cuxo envés é áspero polos seus duros pelos, desagradábeis ao tacto mais non espiñentos. Flores amareladas, lixeiramente acampanadas, duns 2,5 cm de diámetro e cinco pétalos. Froito ovoide pénsil, moi característico, de 4 a 5 cm de lonxitude, sostido por un longo pedúnculo que vai inchando aos poucos até que a presión interior o creba. Polo burato, sairán a presión as sementes, chegando a acadar unha distancia de até tres metros. Cando o froito está maduro, a máis mínimo rozada provoca o estralo pola presión hidroestática.
Distribución
editarCircum-Mediterráneo, e até Armenia e Macaronesia; en barbeitos, beirís de camiños etc...; algo nitrófila.
Sinónimos
editar- Momordica elaterium L., Sp. Pl., 2, 1010, 1753 [1]. Basiónimo
- Bryonia elaterium (L.) E.H.L.Krause
- Ecballium agreste Rchb.
- Ecballium officinaleT.Nees
- Ecballium officinarum Rich. ex M.Roem.
- Ecballium purgans Schrad.
- Elaterium cordifolium Moench
- Momordica aspera Lam. Sen arranxar
- Momordica ecirrhata Stokes Sen arranxar
- Momordica elastica Salisb. Sen arranxar[3]
Usos
editarToda a planta é tóxica xa que contén elaterina e cucurbitacina que son compostos moi tóxicos de acción purgante. Antigamente os seus froitos foron usados coma menciñas.
Notas
editar- ↑ Definicións no Dicionario da Real Academia Galega e no Portal das Palabras para cogombro.
- ↑ E. Losada, J. Castro e E. Niño, (1992): Nomenclatura vernácula da flora vascular galega, Xunta de Galicia
- ↑ Sinónimos en The Plant List
Véxase tamén
editarLigazóns externas
editarWikimedia Commons ten máis contidos multimedia na categoría: Cogombro do demo |
Wikispecies posúe unha páxina sobre: Cogombro do demo |