Codesedo, Doade, Lalín
Codesedo é un lugar da parroquia de Doade, no concello pontevedrés de Lalín, na comarca do Deza. Segundo o IGE, no 2011 tiña 25 habitantes (9 homes e 16 mulleres), o que supón un aumento de 5 habitantes con respecto ao ano 2000.
Codesedo | |
---|---|
Parroquia | Doade |
Concello | Lalín |
Coordenadas | 42°36′30″N 8°07′58″O / 42.608355010683, -8.1326438363518 |
Poboación | 25 hab. (2011) |
[ editar datos en Wikidata ] |
No lugar está aberto, desde 1996 o Museo Etnográfico Casa do Patrón, formado por tres edificios nos que se expón unha ampla colección de máis de 1.800 pezas, cos utensilios propios dunha casa tradicional galega (mobiliario diverso, a cociña, o tear e a roupa), os apeiros necesarios na agricultura e gandaría (carros, xugos e maquinaria) e as ferramentas características de máis de 85 oficios diferentes (canteiro, ferreiro, carpinteiro, zoqueiro, afiador etc).
Galería de imaxes
editar- Artigo principal: Galería de imaxes de Doade, Lalín.
-
Castiñeiro.
-
Río Asneiro en Codesedo.
Lugares e parroquias
editarLugares de Doade
editarLugares da parroquia de Doade no concello de Lalín (Pontevedra) | |
---|---|
O Campo | Codesedo | Doade | A Lama | Nogueira | O Penedo | Penelas | San Martiño | San Pedro | Taín |