Cneo Cornelio Coso
Cneo Cornelio Coso ou Gneo Cornelio Coso[1] (en latín: Gnaeus Cornelius Cossus) foi un político da gens Cornelia[2] nos primeiros anos da República Romana, elixido cónsul no 409 a.C. con Lucio Furio Medulino. Tamén fora tribuno consular no 414 a.C.
Nome orixinal | (la) Cn. Cornelius A.f.M.n. Cossus ![]() |
---|---|
Biografía | |
Nacemento | século V a. C. ![]() Roma Antiga ![]() |
Morte | p. século V a. C. ![]() valor descoñecido ![]() |
Senador romano | |
valor descoñecido – valor descoñecido | |
![]() | |
409 a. C. – 409 a. C. Xunto con: Lucius Furius Medullinus ![]() | |
Actividade | |
Ocupación | político da Roma antiga, militar da Roma antiga ![]() |
Período de tempo | Early Roman Republic (en) ![]() ![]() |
Familia | |
Familia | Cornelii Cossi (en) ![]() ![]() |
Pais | Aulo Cornélio Cosso ![]() ![]() |
Irmáns | Publius Cornelius Cossus (presumiblemente) ![]() |
Descrito pola fonte | Paulys Realenzyklopädie der klassischen Altertumswissenschaft ![]() |
Traxectoria
editarFamilia
editarFoi membro dos Cornelius Cossi, unha póla da gens patricia Cornelia. Era fillo de Aulo Cornelio Coso, cónsul no 428 a.C. e neto dun Marco Cornelio. O seu nome completa era Cnaeus Cornelius A.f. M.n. Cossus. Era irmán de Publio Cornelio Coso, tamén tribuno consular no 408 a.C.
Primeiro tribunato consular (414 a.C.)
editarCneo Cornelio foi elixido tribuno consular no 414 a.C. con Quinto Fabio Vibulano Ambusto, Lucio Valerio Potito e Marco Postumio Rexilense.[3]
No 415 a.C., os ecuos de Bola atacaron Labicum, un aliado de Roma. Ao quedar a cidade illada, os romanos capturaron a cidade dos ecuos e mentres discutían sobre o establecemento dunha colonia alí, os ecuos declararon a guerra á República romana e a reconquistaron e fortificaron. A seguir, o Senado decidiu entón encomendar o mando da campaña a Publio Postumio Albino Rexilense. Este, nunha campaña rápida, levou o exército á vitoria, e volveu tomar Bola pero converteu en inimigos aos seus propios soldados cando incumpriu a promesa de compartir con eles o botín da guerra.
Convocado de volta a Roma, produciuse unha acalorada discusión na asemblea cos tribunos da plebe, especialmente con Marco Sextio, quen ameazou con volver presentar a proposta do tribuno Lucio Decio para a división agraria de Bola, que fora bloqueada o ano anterior mais Marco Postumio, apoiado polos patricios, opúxose e ameazou con decimar o seu exército.[4] Cando a noticia do que estaba a suceder en Roma chegou ao campo militar, os soldados subleváronse. Marco Postumio manexou a situación con excesiva dureza, tanto que cando se produciron novos disturbios pola súa decisión de condenar a morte a algúns soldados, foi capturado xunto co seu cuestor, Publio Sextio e, ámbolos dous, foron apedreados e mortos polos seus propios soldados.[4][5]
Os tribunos da plebe impediron que os tribunos consulares abrisen unha investigación sobre o sucedido.
Consulado (409 a.C.)
editarNo 409 a.C., foi elixido cónsul xunto con Lucio Furio Medulino, como colega, xa no seu segundo mandato.[6] Grazas ás presións dos tribunos da plebe da gens Icilia, por primeira vez na historia da República Romana, foron elixidos tres cuestores plebeos: Quinto Silio, Publio Elio e Caio Papio.
Reforzados polo seu éxito, os tribunos opuxéronse unha vez máis ao alistamento, necesario para responder adecuadamente ás incursións de ecuos e volscos no territorio dos aliados latinos e hérnicos, coa esperanza de gañar máis concesións. Ao final chegouse a un acordo polo que se elixirían ao ano seguinte tribunos consulares, cuxos candidatos podían ser plebeos,[7] pero o Senado conseguiu impedir a participación de calquera representante dos Icilios.[8]
Unha vez organizado o exército, os cónsules marcharon cara a Carvento, que fora conquistada polos volscos e os ecuos sen poder recuperala. En troques, conquistaron Verrugine,[9] no territorio dos volscos.[10]
Notas
editar- ↑ Münzer, F. (1900). «Cornelius (116)». RE Band IV, 1 (en alemán).
- ↑ "CORNELIUS patrician". strachan.dk (en inglés). 15 de marzo de 2008 [actualizado 15 de agosto de 2014]. Consultado o 6 de marzo de 2023.
- ↑ Tito Lívio, Ab Urbe condita IV, 4, 49.
- ↑ 4,0 4,1 Broughton 1951, p. 75
- ↑ Tito Lívio, Ab Urbe condita IV, 4, 50.
- ↑ Broughton 1951, p. 77
- ↑ Broughton 1951, p. 78
- ↑ Tito Lívio, Ab Urbe condita IV, 4, 54-55
- ↑ Broughton 1951, p. 77-78
- ↑ Tito Lívio, Ab Urbe condita, IV, 55, 1-8
Véxase tamén
editarBibliografía
editar- Broughton, T. R. S. (1951). The Magistrates of the Roman Republic: 509 B.C.-100 B.C. (en inglés). Nova york: American Philological Association.
Outros artigos
editarPredecesor: Numerio Fabio Vibulano e Quinto Quíncio Cincinato e Publio Cornelio Coso e Caio Valerio Potito Voluso |
Cónsul da República Romana xunto con Quinto Fabio Vibulano II Lucio Valerio Potito Marco Postumio Rexilense 414 a. C. |
Sucesor: Aulo Cornelio Cosso e Lucio Furio Medulino |
Predecesor: Manio Emílio Mamercino e Caio Valerio Potito Voluso |
Cónsul da República Romana xunto con Lucio Furio Medulino II 409 a. C. |
Sucesor: Caio Xulio Xulo e Caio Servílio Estruto Aala e Publio Cornelio Cosso |