Clupeidos
Clupeidos Clupeidae | |||||||||||||||||||
---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|
Arenque Clupea harengus
| |||||||||||||||||||
Clasificación científica | |||||||||||||||||||
| |||||||||||||||||||
Subfamilias | |||||||||||||||||||
A dos clupeidos (Clupeidae) é unha familia de peixes teleósteos da orde dos clupeiformes que comprende numerosas especies distribuídas por todos os mares do mundo, entre elas os arenques e as sardiñas que son dos máis importantes peixes capturados para a alimentación.[1]
Apareceron por primeira vez no rexistro fósil no eoceno inferior, durante o terciario inferior.[2]
Etimoloxía
editarO nome da familia, Clupeidae foi establecido por Cuvier en 1817, e está formado, como todos os nomes científicos das familias de animais, sobre a base do nome do xénero tipo, neste caso Clupea, ao que se engade a desinencia do latín científico -idae. (O significado do nome da familia é "os semellantes aos Clupea").
O xénero Clupea foi establecido por Linneo,[3] quedando definiticamente consagrado na 10ª edición do seu Systema Naturae, en 1758: Linnaeus, C. (1758): Systema Naturae per regna tria naturae, secundum classes, ordines, genera, species, cum characteribus, differentiis, synonymis, locis. Editio decima, reformata. Laurentius Salvius: Holmiae. ii, 824 pp.,[4] edición e data que marcan o inicio da taxonomía e nomenclatura zoolóxica modernas.
Linneo tomou no nome talvez de clupea, nome dun pequeno peixe de auga doce citado por Plinio, e que podería ser a zamborca, ou máis probabelmente, sexa unha adaptación de clupeus ou clipeus, -ei (masculino) ou clipeum, -ei (neutro), voces que significan "escudo", "defensa", "protección" (recordemos os clipeatus, -a, -um, os lexionarios armados de escudos), en alusión ás grandes escamas (en relación ao tamaño do animal) que cobren o corpo destes peixes.[5]
En canto ao sufixo neolatino -idae deriva do latín clásico -idae, plural de -ides, sufixo patronímico masculino derivado do grego antigo -ιδαι -idai, plural de -ιδης -ides, cos mesmos ignificados.
Características
editarO corpo dos clupeidos é fusiforme, menos esvelto que o dos engráulidos, cos que comparten suborde, de contorno arredondado nuns casos ou fortemente comprimido noutros, e alcanza tamaños que varían entre os 2 cm nalgunhas especies e os 75 cm doutras.
Presentan unha única aleta dorsal, pequena, situada na parte central do lombo, coas aletas pelvianas emprazadas máis ou menos por debaixo da base da aleta dorsal,[6] aínda que nalgunhas especies están ausentes tanto estas como aquelas. Todas aletas teñen raios brandos, sen espiñas.
Carecen de liña lateral, porén poden percibir e identificar a dirección das ondas sonoras, e as da presión da auga, coa axuda da vexiga natatoria, que está conectada co oído medio mediante un conduto.[6]
As escamas son grandes e de tipo cicloide (é dicir, de liñas de crecemento concéntricas, e tacto suave cando se tocan), formando escudos abdominais (que dan o nome á familia); a cabeza no ten escamas. Cando teñen dentes, son pequenos ou diminutos.
Hábitat e bioloxía
editarHabitan en todos os mares do mundo, pero principalmente nos mares tropicais, entre os 70º de latitude norte e os 60º de latitude sur (máis de 180 dos membros dos máis de 200 cos que conta a familia).[6] Porén, algunhas especies son duciacuícolas e outras anádromas.[7]
Adoitan vivir cerca da costa, agrupados en grandes bancos. Case todas as especies se alimentan de pequenos animais planctónicos.
Taxonomía
editarA familia dos Clupeidae comprende máis de 200 especies, que se agrupan en 22 xéneros distribuídos en 5 subfamilias:[8]
En Galicia
editarNas nosas costas están citadas as seguintes especies:[9]
- Alosa alosa, a zamborca,[10][11][12][13] sabela,[10][11] tasca,[11] nai da sardiña [12] ou sábalo.[12][14]
- Alosa fallax, moi semellante á anterior, e chamada tamén zamborca [11] e sabela.[13][14]
- Sardina pilchardus, a sardiña
- Sprattus sprattus, a trancha,[11][15] trancho [11][12][16] ou espadín.[11][12]
Importancia comercial
editarOs clupeidos representan unha das máis importantes familias de peixes de interese pesqueiro e comercial. Baste dicir que, de feito, só os arenques subministran máis dun terzo da produción pesqueira mundial (uns 20 millóns de toneladas, aínda que as capturas flutúan bastante segundo os anos).[6]
O aproveitamento é fundamentalmente para a alimentación humana, pero tamén son capturados para obter aceites ou fariñas de peixe con usos industriais.
Notas
editar- ↑ Whitehead, P. J. P. (1985): FAO species catalogue. Vol. 7. Clupeoid fishes of the world (suborder Clupeioidei). An annotated and illustrated catalogue of the herrings, sardines, pilchards, sprats, shads, anchovies and wolf-herrings. Part 1 - Chirocentridae, Clupeidae and Pristigasteridae. FAO Fish. Synop. 125 (7/1), 303 pp. Roma: FAO.
- ↑ Gaudant, J. (1991): "Paleontology and history of clupeoid fishes" en H. Hoestlandt (ed.): The freshwater fishes of Europe, pp. 32-44. Wiesbaden: Aula Verlag.
- ↑ Clupea Linnaeus, 1758 en SIIT. (en inglés)
- ↑ Systema Naturae (Ver en liña)
- ↑ En nomenclatura, Clupoea pode tomarse en masculino, feminino ou neutro. Véxase a Lista de especies do xénero en FissBase (en inglés)
- ↑ 6,0 6,1 6,2 6,3 Muus, Bent. J. et al. (1998), pp. 87-94.
- ↑ Que viven principalmente en auga salgada pero que remontan os ríos para se reproducir.
- ↑ Clupleidae en SIIT. (en inglés)
- ↑ Solórzano et. al. (1988), pp.18-19.
- ↑ 10,0 10,1 "Dicionario da RAG". Arquivado dende o orixinal o 22 de xullo de 2013. Consultado o 05 de agosto de 2013.
- ↑ 11,0 11,1 11,2 11,3 11,4 11,5 11,6 Ríos Panisse (1977), pp. 210-218.
- ↑ 12,0 12,1 12,2 12,3 12,4 Rodríquez Solórzano (1983), p. 62.
- ↑ 13,0 13,1 Lahuerta e Vázquez (200), p. 65-
- ↑ 14,0 14,1 Rodríguez Villanueva et al. (1995), pp. 24-25.
- ↑ Rodríquez Solórzano (1983), p. 61.
- ↑ Lahuerta e Vázquez (2000), p. 164.
Véxase tamén
editarWikimedia Commons ten máis contidos multimedia na categoría: Clupeidos |
Wikispecies posúe unha páxina sobre: Clupeidos |
Bibliografía
editar- Lahuerta Mouriño, F. e Vázquez Álvarez, F. X. (2000): Vocabulario multilingüe de organismos acuáticos. Santiago de Compostela: Xunta de Galicia. ISBN 84-453-2913-8, p. 190.
- Muus, Bent J.; Jørgen G. Nielsen; Preben Dahlstrøm e Bente O. Nyström (1998): Peces de mar del Atlántico y del Mediterráneo. Barcelona: Ediciones Omega. ISBN 84-282-1161-2.
- Nelson, Joseph S. (2006): Fishes of the World. John Wiley & Sons, Inc. ISBN 0-471-25031-7.
- Ríos Panisse, M. C. (1977): Nomenclatura de la flora y fauna marítimas de Galicia. I Invertebrados y peces. Santiago: Universidad de Santiago de Compostela. ISBN 84-7191-008-X.
- Rodríguez Solórzano, Manuel; Sergio Devesa Regueiro e Lidia Soutullo Garrido (1983): Guía dos peixes de Galicia. Vigo: Editorial Galaxia. ISBN 84-7154-433-4.
- Rodríguez Villanueva, X. L. e Xavier Vázquez (1995): Peixes do mar de Galicia. (III) Peixes óseos (continuación). Vigo: Edicións Xerais de Galicia. ISBN 84-7507-870-2.
- Solórzano, Manuel R[odríguez]; José L. Rodríguez, José Iglesias, Francisco X, Pereira e Federico Álvarez (1988): Inventario dos peixes do litoral galego (Pisces: Cyclostomata, Chondrichthyes, Osteichthyes). O Castro-Sada, A Coruña: Cadernos da Área de Ciencias Biolóxicas (Inventarios). Seminario de Estudos Galegos, vol. IV. ISBN 84-7492-370-0.
- Xunta de Galicia (1999): Guía do consumidor de peixe fresco. Consellería de Pesca, Marisqueo e Acuicultura.