Club de Rugby Ferrol
O Club de Rugby Ferrol é un equipo de rugby da cidade de Ferrol, fundado en 2008. Compite na Liga Galega de Rugby e xoga os seus encontros como local no estadio de atletismo da Malata. Ten dous títulos da Liga Galega acadados nas tempadas 2016/17 e 2017/18.
Nome | Club de Rugby Ferrol | ||
---|---|---|---|
Fundación | 30 de xuño de 2008 | ||
Sede | Ferrol | ||
Estadio(s) | Campo da Malata | ||
Capacidade | 800 espectadores | ||
Presidente | Cristóbal Dobarro | ||
Adestrador | Juan Pablo Chorny | ||
Liga(s) | LGR1 | ||
2017-18 | Campión | ||
| |||
Na rede | |||
http://clubrugbyferrol.com/ |
Historia
editarO Club de Rugby Ferrol naceu como un proxecto unificador do rugby local, que anos atrás estivera representado por varios equipos, entre eles o CR Marina e o Almallo RC, incluíndo nesa fusión á Escola de Rugby municipal e ó Veteranos Rugby Ferrol.
A traxectoria do club nas competicións rexionais foi moi discreto até a chegada do xogador internacional ferrolán Francisco "Pakito" Usero no verán de 2013, despois de catorce anos xogando no Vigo Rugby Club.
O 17 de maio de 2014 o Club de Rugby Ferrol disputou a súa primeira e única final da Copa Xunta. O encontro, xogado no estadio do Poboado de As Pontes, enfrontou ó CR Ferrol co CRAT da Coruña, gañando o equipo coruñés por 35 a 3. Mentres que o CRAT era un equipo que levaba case 20 anos competindo en torneos a nivel nacional, o CR Ferrol viña de acadar o ascenso á primeira división galega.
No verán do ano 2014 tanto CR Ferrol como Os Ingleses RC asinaron un acordo de filiación co Vigo Rugby Club por dous anos. Froito dese acordo o 6 de decembro o club vigués disputou un dos seus encontros da División de Honra na Malata, fronte ó histórico Canoe. Nesa tempada 2014/15 o CR Ferrol foi o equipo dominador da liga galega na súa fase regular, pero chegadas a eliminatorias polo título caeu á primeira fronte ó Muralla Rugby Club. Malia iso disputou a fase de ascenso caendo ás primeiras contra os navarros de La Única.
Na tempada 2015/16 o equipo xogou a final da liga galega caendo fronte ó Ourense Rugby Club por 42 a 7. Disputou a fase de ascenso á División de Honra B nacional, pero caeu eliminado polo Universitario de Bilbao.
O 8 de abril de 2017 o Club de Rugby Ferrol gañou a final da Liga Galega batendo por 34 a 17 ó Rugby Ourense Keltia na Malata, converténdose no primeiro equipo ferrolán que acaba este título dende que o fixera o Club de Rugby Marina Ferrol en 1986.
Tempada actual
editarPosición | Equipo | Puntos | Encontros | Bonus | ||||||
---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|
Xogados | Gañados | Empates | Derrotas | Ofensivos | Defensivos | |||||
1 | Ferrol | 60 | 12 | 12 | 0 | 0 | 12 | 0 | ||
2 | Ingleses | 54 | 12 | 11 | 0 | 1 | 10 | 0 | ||
3 | CRAT | 43 | 12 | 9 | 0 | 3 | 7 | 0 | ||
4 | Lalín | 41 | 12 | 8 | 1 | 3 | 6 | 1 | ||
5 | Pontevedra | 40 | 12 | 9 | 0 | 3 | 4 | 0 | ||
6 | Muralla | 31 | 12 | 6 | 0 | 6 | 5 | 2 | ||
7 | Vigo B | 29 | 12 | 6 | 0 | 6 | 5 | 0 | ||
8 | Mareantes | 22 | 12 | 5 | 0 | 7 | 2 | 0 | ||
9 | Zalaeta | 21 | 12 | 4 | 1 | 7 | 3 | 0 | ||
10 | Ourense B | 15 | 12 | 3 | 0 | 9 | 1 | 2 | ||
11 | Santiago | 12 | 12 | 2 | 0 | 10 | 1 | 3 | ||
12 | Barbanza | 10 | 12 | 2 | 0 | 10 | 0 | 2 | ||
13 | Fendetestas | 2 | 12 | 0 | 0 | 12 | 0 | 2 |