Club Universitario de Ferrol
O Club Universitario de Ferrol, na actualidade coñecido como Baxi Ferrol por motivos publicitarios, é un equipo de baloncesto de Ferrol. Foi fundado en 1997, e milita na liga Feminina. Xoga os seus partidos como local no pavillón municipal da Malata.
Club Universitario de Ferrol | |
Información xeral | |
---|---|
Liga | Liga española de baloncesto feminino |
Fundación | 1997 |
Presidente | Santiago Rey Cancela |
Adestrador | Lino López |
Localización | |
Cidade | ![]() |
Pavillón | Pavillón Municipal da Malata, (Ferrol) (4500) |
Capacidade | 4000 espectadores |
www.uniferrol.com |
Historia
editarDebut europeo
editarNa tempada 2024-25 o equipo debutou en competición europea ao clasificarse para a Eurocup Women. O equipo ferrolán debutou o 9 de outubro no Pavillón Municipal da Malata ante o Galatasaray turco, un dos equipos candidatos a chegar ás fases finais da competición, ante 1 500 persoas nas bancadas. As xogadoras de Lino López acabaron caendo por 66-83, nun partido no que foron por diante no marcador durante moitos minutos, con todo, o esforzo defensivo do equipo nos tres primeiros cuartos acabou por condicionar o partido do cadro galego, que chegou sen forzas aos minutos finais.[1] Finalmente o Baxi Ferrol conseguiu a clasificación para os playa-offs na penúltima xornada da fases regular logo de derrotar o KP Brno (79-59) en Ferrol.[2]
A fase de play-off comezou ben para o equipo departamental, que se impuxo na casa no partido de ida da primeira rolda por 83-58 ao BC Castors Braine belga, dispoñendo así dunha vantaxe de 25 puntos para afrontar a volta en Braine-l'Alleud.[3]
Traxectoria
editarTempada | Categoría | Posto | Postempada |
---|---|---|---|
2001–02 | Liga Feminina 2 | 15 | |
2002–03 | Liga Feminina 2 | 17 | |
2003–04 | Liga Feminina 2 | 9 | |
2004–05 | Liga Feminina 2 | 5 | Ascenso |
2005–06 | Liga Feminina | 14/14 | Descenso |
2006–07 | Liga Feminina 2 | 7 | |
2007–08 | Liga Feminina 2 | 19 | |
2008–09 | Liga Feminina 2 | 8 | |
2009–10 | Liga Feminina 2 | 15 | |
2010–11 | Liga Feminina 2 | 11 | |
2011–12 | Liga Feminina 2 | 9 | |
2012–13 | Liga Feminina 2 | 6 | |
2013–14 | Liga Feminina 2 | 5 | Ascenso |
2014–15 | Liga Feminina | 11/14 | |
2015–16 | Liga Feminina | 11/14 | |
2016–17 | Liga Feminina | 3/14 | |
2017–18 | Liga Feminina | 4/14 | |
2018–19 | Liga Feminina | 14/14 | Descenso |
2019–20 | Liga Feminina 2 | 2 | |
2020–21 | Liga Feminina 2 | 1 | Ascenso |
2021–22 | Liga Feminina | 16/16 | Descenso |
2022–23 | Liga Feminina Challenge | 1 | Ascenso |
2023–24 | Liga Feminina | 8/16 |
Véxase tamén
editarLigazóns externas
editar- ↑ Valencia, José (10 de outubro de 2024). "El Baxi Ferrol planta cara al Galatasaray en su debut en la Eurocup Women (66-83)". La Voz de Galicia (en castelán). Consultado o 14 de decembro de 2024.
- ↑ de la Barrera, Elba (21 de novembro de 2024). "El Baxi pisa fuerte ante el Brno (79-59) y sella una clasificación histórica en Europa". La Voz de Galicia (en castelán). Consultado o 14 de decembro de 2024.
- ↑ Valencia, José (13 de decembro de 2024). "El Baxi Ferrol vence al Braine en la ida del «play off» de la Eurocup Women (83-58)". La Voz de Galicia (en castelán). Consultado o 14 de decembro de 2024.