Club Karepas
club de remo galego
O Club Karepas foi un club de remo pontevedrés de comezos do século XX. Existiu nas décadas de 1920 e 1930. O seu lema era "remo e bocadillos", e formaron parte del persoeiros como Castelao, Tomás Abeigón Pazos, Losada Diéguez, Blanco Porto, Celso López Blanco, Antón Iglesias Vilarelle e Sánchez Cantón, entre outros. A frota do Karepas consistiu de dúas pequenas embarcacións e dúas grandes barcas: "La Reina" e "K-4" cunha bandeira deseñada por Castelao que semellaba a xaponesa.[1]
Club Karepas | |
---|---|
Tipo | club de remo |
Deporte | remo |
En | Pontevedra |
País | Galicia |
[ editar datos en Wikidata ] |
Notas
editar- ↑ Landín Carrasco, Rafael (1986). Pontevedra de aquella. Deputación Provincial de Pontevedra.